Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!
domingo, 23 de febreiro de 2020
COMPRAS EN COMPOSTELA
O xoves 29 de febreiro o alumnado do Equipo de Biblioteca, acompañado por Pablo Chaves e Isabel G. Avión, realizou unha saída a Compostela para adquirir novos fondos. O obxectivo: ampliar os títulos do noso catálogo con libros para a bibloteca inclusiva e seguir afondando na reflexión sobre o medioambiente.
A viaxe fixémola en tren. Isto forma parte do concepto dunha biblioteca diferente, onde as experiencias son tan importantes como as lecturas.
Xa en Compostela vistamos a librería Aenea, onde realizamos unha interesantísima actividade, non por orixinal nin complexa, senón por como resultou. Cada alumna tiña que defender a compra do libro ou libros que desexaba levar para a nosa Biblioteca. Realmente demostramos que hai camiños que paga a pena transitar, xa que as exposicións foron tan ricas e mesmo brillantes, que as libreiras (afeitas a desenvolver esta actividade con numerosos centros educativos) estaban entusiasmadas e fartáronse de felicitarnos.
Tamén a librería Couceiro e a libreía Kómic recibirion a nosa visita e nelas adquirimos interesantes obras.
A anécdota protagonizouna unha alumna de 2ºESO-B que, ao entrar na librería Kómic, chorou de emoción e díxolle a Pablo Chaves: "Profe, trouxéchesnos ao paraíso!".
Estas son as experiencias que dan sentido a tanto traballo que desenvolvemos na Biblio do Bouza Brey
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario