Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

mércores, 27 de novembro de 2013

Contos do Outono no Bouza Brey



O xoves día 14 de novembro celebramos a tradicional velada de Contos do Outono. Esta actividade, organizada pola Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega, consistiu nun concurso de contacontos onde participou o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO. Ademais, asistimos a unha actuación do contacontos Celso F. Sanmartín. Tendo en conta a escaseza de ámbitos de socialización da xente nova en lingua galega, os Contos do Outono pretenden ser un incentivo para o emprego do galego máis alá das aulas e desenvolver as súas competencias de expresión oral.


“Contar é un oficio que todos temos. Escoitar, conversar, colleitar, destilar, contar, convivir, …” Estas son palabras do manifesto do contacontos Celso F. Sanmartín. Así foi, quixemos que as historias saisen das páxinas impresas e das virtuais e que cobrasen vida na voz do alumnado.


A actividade resultou un éxito. Todos os participantes brillaron e fixeron gozar ao público. As gañadoras foron Helo Gallego e Sandra Navia en 1º da ESO, Anxo Oubel e Diego Falcón en 2º e Pierre Gallego e Carlos Barreiro en 3º. Estas foron as actuacións que máis gustaron ao estupendo xurado que tivo un difícil traballo, pero é innegable que houbo outras moitas intervencións magníficas. Xa estamos desexando unha nova edición para o curso que vén.




Este xoves 28 na Biblioteca, ven ler con nós contos de medo!!


No Bouza Brey Tecemos Redes contra a Violencia de Xénero



luns, 18 de novembro de 2013

Alice Munro, entre as novedades recén chegadas á biblioteca.


Alice Ann Munro, que naceu en Wingham (Ontario) en 1931, é a narradora canadiana que ven de recibir o  Premio Nobel de Literatura. Está considerada como unha das escritoras actuais máis destacadas en lingua inglesa.


Contos de medo na Biblioteca. Algunhas suxerencias.



Contos de Medo na Biblioteca do Bouza Brey


Ven, suxíre títulos, participa...


Neste mes de novembro RESUCITA un libro de medo e RECOMÉNDAO!




MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están en marcha as Mochilas Viaxeiras! Con lecturas, música e películas para toda a familia. Agardamos que as disfrutedes!!!




Deixamos a continuación algúns dos títulos que conteñen:

El Retorno a la Tierra. El Vasto Mundo
Contos por Palabras
El Sabueso de los Baskerville
O Principiño
Marc e Cédric
The Aventures of Tom Sawyer
Mafalda
A Música que Facemos
13 Badaladas
Negras Sombras
Insectophobie Niveau 2
El Bosque Animado
De Profundis. Miguel Anxo Prado
Unha Bolsa de Canicas
Un Vie de Chat
El curso en que me enamoré de ti
Lendas Douradas. Roi Casal
De Profundis. Miguel Anxo Prado

luns, 4 de novembro de 2013

Nós tamén lemos Ciencia na Biblioteca


Que son os transxénicos?
Como cura a dor a aspirina?
Como se obtén a auga mineral?
Como se fixo diestro o ser humano?
Como se fabrica a cervexa sen alcohol?
Cales son os pros e os contras dos biocombustibles?

Ven a descubrilo con nós á biblioteca!!!












 http://prezi.com/qo3xtz9rfdq_/present/?follow=qgc0smid453s&auth_key=icyrshg#26_238900