Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

mércores, 26 de febreiro de 2014

Soños de Fútbol en Bangui e As Vacacións de Saida

Estas son as últimas lecturas que compartimos no Club: 
Soños de Fútbol en Bangui e As Vacacións de Saida.




Chega o verán e, co verán, Saida aterra no aeroporto para pasar unhas semanas de vacacións que non esquecerá. Saida ven dun país de area e haimas, onde o mar é un soño e a liberdade, un anceio. A súa presenza na casa vai servir para coñecer a fondo outra manei ra de vivir, outra cultura. E para descubrir que, alén das fronteiras dos pobos, debe primar a patria común da amizade.






martes, 25 de febreiro de 2014

177 anos con Rosalía

Un 24 de Febreiro, fai hoxe177 anos,  nacía Rosalía de Castro.

 Na Biblioteca témola sempre presente 
e celebramos o seu aniversario! 






 Así o explica O Leo e Arremecaghona: 

"Rosalía é poppy, Pondal é heavy e Curros punky":



martes, 18 de febreiro de 2014

Palabras de Amor nas Ventás


Neste días fríos e ventosos de febreiro, de cicloxéneses e diluvios, as xanelas do Bouza Brey enchéronse de poemas de amor. Palabras, historias de amor en verso, soños de poetas, Cunqueiro, Rosalía, Becquer, Lupe Gómez, Xela Arias, M.Xosé Queizán, Fernando Esquío, Jacques Brel e outros moitos, deron cor aos vidros da nosa Biblioteca.

















venres, 14 de febreiro de 2014

Día da Paz

No día da Paz, rapaces e rapazas da ESO traballaron diferentes conflitos do mundo actual, analizando as súas principais causas e axudándonos así a entender mellor  a guerra de Siria ou o conflito palestino-israelí. Ademais, puidemos achegarnos, a través desta exposición, a diferentes personaxes aos que lle foi concedido o premio nobel da Paz, como Rigoberta menchú ou o recentemente finado Nelson Mandela. Do mesmo xeito, a mostra reflexiona sobre a pertinencia da concesión de tal recoñecemento a personaxes como Henri Kíssinguer ou Simón Peres.









martes, 11 de febreiro de 2014

Día da Paz - Día dos Bicos


Este 30 de Xaneiro e coincidindo co día da Paz, no Bouza Brey repartimos Bicos gratis!





















Día da Paz

No mes de Xaneiro celebramos o día da paz na Biblioteca do Bouza con diferentes actividades: exposicións de libros e películas, confección de murais, interpretación de pezas musicais como a  Sinfonía nº 9 de Beethoven (himno da alegría) ou Imagine de John Lennon.