Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

luns, 28 de marzo de 2016

Fernando Iglesias, Kohell, no Fermín Bouza Brey.

Foi o pasado venres 18 de marzo cando o debuxante Fernando Iglesias, coñecido no mundo do cómic como kohell, visitou o Fermín Bouza Brey. Contounos cousas ben interesantes arredor dos recursos narrativos empregados na banda deseñada. Coñecimos a súa obra e O Garaxe Hermético, escola profesional de banda deseñada e ilustración onde Fernando é mestre.  

Poderedes achegarvos ao coñecemento dalgúns dos seus traballos na biblioteca do Bouza, pois esta conta coa colección completa da revista satírica Retranca, da que Kohell foi colaborador habitual, exemplares da revista Fiz e mesmo poderedes levar en préstamo o Dédalus en Compostela, no que Fernando Iglesias adapta á banda deseñada o relato homónimo de Vicente Risco. Publicado orixinalmente en 1929, o texto narra o encontro entre o propio Risco e Stephen Dédalus, alter ego de James Joyce, e o seu paseo polas rúas da capital galega. Segundo asegurou Iglesias, "máis do 70 por cento do texto orixinal da obra está recollido no cómic, que ten un punto fantástico porque o relato tamén o é". A continuación, poderedes ver unha pequena galería de imaxes na que se recollen diferentes momentos da visita de Kohell ao Fermín Bouza Brey.


A Fala. Manuel María.

Do poema A Fala foron os versos de luz que iluminaron esta semana o noso IES.









martes, 15 de marzo de 2016

Regueifando no Bouza

Esta semana tivo lugar na biblioteca do Bouza un obradoiro de regueifas co "Caruncho", acompañado da zanfona, e Pinto de Herbón. Explicáronnos as orixes destas coplas populares e fixemos as nosas propias regueifas. 

Pasámolo moi ben e aqui vos deixamos esta reportaxe fotográfica.













luns, 14 de marzo de 2016

xoves, 10 de marzo de 2016

SUFRAGISTA

Máis recomendacións lectoras neste més de marzo. Chegaron moitas novidades á biblioteca,
bótalles un ollo e levaas en préstamo para ler nesta próximas vacacións.


AQUÍ

Entre as moitas novidades chegadas á biblioteca nestes primeiros meses do 2016, recoméndámosche AQUÍ. Un cómic de Richard McGuire que vos sorprenderá, entre outros aspectos, pola súa particular linguaxe narrativa. 




FEMININO/MASCULINO? Rachando Estereotipos

Estas son as imaxes da exposición, levada a cabo no centro, coas fotografías presentadas ao II Certame Fotográfico 8 de marzo, celebrado con motivo do Día da Muller Traballadora. 

Reunido o xurado do Certame, a 8 de Marzo de 2016, resolve conceder un primeiro premio, un segundo e cinco accesits aos mellore traballos presentados. As persoas gañadoras figuran na acta, feita pública e pendurada no taboleiro da biblioteca. A entrega dos agasallos aos premiados terá lugar ás 12.00 h. do venres 18 de marzo, na entrada do centro, diante da exposición.

Os traballos participantes estarán expostos ata a volta das vacacións de Semana santa.






mércores, 9 de marzo de 2016

martes, 8 de marzo de 2016

8 de Marzo

No día da muller traballadora a biblioteca expón unha pequena mostras dos seus fondos nas vitrinas do corredor. Botádelle un ollo aos libros, entre os que atoparedes dende estudos de filosofía do feminismo ou de mulleres senlleiras, ata cómics e recoplilacións de artigos e temática feminista. Para nós, todos os días son 8 de marzo, polo que poderedes levar en préstamo calquera destes libros e moitos máis calquera día do ano. Vide visitarnos!








venres, 4 de marzo de 2016

Versos de luz: a Galicia de Manuel María.

Hoxe temos un novo poema da semana, do autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano 2016. Foi elaborado por alumnas e alumnos de lingua e literatura galega de primeiro da ESO, acompañados da súa profesora. Dámoslle as grazas por amosárnolo e compartilo con todo o centro.




xoves, 3 de marzo de 2016

Biografía de Fermín Bouza Brey

Biografía de Fermín Bouza Brey elaborada polos alumnos de 1º de Bacharelato TIC  durante o curso 2014-2015.

martes, 1 de marzo de 2016

Parabéns para Irea!

Irea Ferreiro López, alumna do noso IES Fermín Bouza Brey, participou na segunda edición do concurso de recitado "Rosalía sempre viva" convocado pola Casa Museo Manuel María en Outeiro de Rei. Irea gañou o premio na categoría de secundaria co poema Por Que?.

Dende a quí dámoslle moitos parabéns!


Nesta ligazón tedes máis información, por se fose do voso interese: http://axendaaelg.blogaliza.org/tag/irea-ferreiro-lopez/