Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

venres, 19 de xuño de 2015

Leva un libro para ler no verán!


Chega o verán e ímonos de vacacións!

Que maneira mellor de pasar estes meses de xullo e agosto que na compaña dun libro. 

Na praia, no campo, no tren, no avión, sempre será un bo compañeiro para calquera viaxe!

Ven ata a biblioteca, leva un en préstamo e agasallarémoste cun fermosísimo marcapáxinas!

 A que estás agardando? ;)

mércores, 3 de xuño de 2015

ERO de Armenteira no Piñeiriño

Coa Cantiga 103 de Alfonso X O Sabio estudada por Filgueira Valverde, organizamos unha obra de teatro que ensaiamos ao longo do curso e que presentamos este martes 5 de maio aos nosos veciños e veciñas do Piñeiriño. Foi unha experiencia marabillosa compartir con eles esta experiencia. Ademais, agasalláronnos cuns doces riquísimos polo que lles estamos moi agradecidos. Para o ano queremos volver con máis lecturas bonitas. Unha aperta para todos eles dende o Bouza.