Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

venres, 18 de decembro de 2015

Descifra o "Arbo-lito".

Recoñece os minerais, fósiles e rochas presentes no "Arbol-lito". Cada un deles ten un número, que, unha vez identificado deberase adxudicar ao mineral, rocha ou fósil correspondente.

Completa a táboa e introdúcea no buzón indicando o teu nome e apelidos.

Haberá premio para as/os participantes que a completen de forma correcta.


mércores, 16 de decembro de 2015

Fai uso da túa lingua!

FALA GALEGO!


Árbores de libros na Biblioteca do Bouza polo Nadal!

A Enciclopedia galega pasou dun estante da biblioteca a ocupar un lugar principal na sala,
 en forma de fermosa árbore de Nadal!


Os libros de texto vellos de Ciclos Formativos, que durmían o seu plácido sono en caixas de cartón nun almacen, tamén fixeron unha bonita árbore de Nadal!






Chegou o APALPADOR ao Fermín Bouza Brey!

Veu visitarnos o Apalpador cargadiño de libros e deixóunolos todos no centro.

Que mellor agasallo de Nadal!

Achégate, bótalles un ollo e, se hai algún que che interese ou guste, levao de balde!






 


O apalpador recoméndache ler polo nadal! faille caso!

Exposición de lecturas recomendadas pola biblioteca para este Nadal. 






Arbol-lito de Nadal

Decoramos unha das vitrinas da Biblioteca cunha árbore de minerais, rochas e fósiles. Se identificas cada unha delas e o fas correctamente poderás levar un agasallo. 

Ven pola Biblio do Bouza e participa no concurso!



Recomendacións lectoras para ciclos formativos


martes, 15 de decembro de 2015

Polo Nadal celebramos o Solsticio de Inverno

Con motivo do "Ano Internacional da luz e as tecnoloxías baseadas na luz", organizamos ao longo deste curso unha serie de actividades relacionadas con este tema. Aproveitando estas datas de Nadal celebramos o solsticio de inverno, cunha exposición de infografías arredor da luz. Para completar a mostra, fixéronse uns carteis informativos e dous grandes debuxos de Ra e Isis, ademáis do enorme sol de Poliuretano que colga do teito. O traballo foi elaborado por alumnos da ESO de tecnoloxía, baixo a coordinación do seu profesor Carmelo Cacabelos e do equipo da Biblioteca escolar. Estará exposta na cafetería do centro ata o mes de xaneiro do ano que ven. 

Vide vela!







mércores, 25 de novembro de 2015

STOP VIOLENCIA MACHISTA

Hoxe, 25 de Novembro de 2015, no Fermín Bouza Brey, ao igual que en moitos outros puntos do planeta, imos dicir alto e forte que rematar coa violencia machista ten que ser obxectivo prioritario nunha sociedade xusta e democrática.

 Non podemos avanzar cara una sociedade de homes libres se non hai una sociedade de mulleres libres. Por iso, seguiremos a cuestionar e combater a cultura patriarcal e sexista que discrima ás mulleres e lexitima a continuación da violencia machista.

Así pois, queremos que se escoite a nosa voz decindo que nunha sociedade civilizada e democrática non se pode permitir un só feminicidio mais.


mércores, 18 de novembro de 2015

LUCES DO ALÉN


Os epitafios (do latín epitaphium, composto de duas voces gregas epi, sobre, e taphos, tumba), son textos que honran ao defunto, normalmente inscritos nunha lápida ou placa conmemorativa.

Precisamente, neste mes de Defuntos, as rapazas e rapaces de terceiro e primeiro da ESO buscaron epitafios curiosos, de autores relevantes do mundo da literatura, da filosofía, da política, e da cultura en xeral, dando como resultado unha exposición que se pode ver na cafetería. Nela participaron os departamentos de Lingua e Literatura Galega e Castelá, Ciencias Sociais e Cultura Clásica.

Dado que continuamos a celebrar o ano da luz, ao longo deste curso, a mostra leva por título Luces do Alén, ao que se lle engadiu un epitafio célebre que atopamos no camposanto da cidade de Ourense: "O termo da vida aqui o vedes, o destino da alma según obredes"


 

xoves, 5 de novembro de 2015

Xuxo Caramuxo

Cristian contou a historia de Xuxo Caramuxo para a rapazada de primeiro da ESO. 

Un conto de medo dun mariñeiro de Cambados, fachendoso e atrevido que, logo de ter navegar os cinco mares, mexou de medo no medio e medio da noite cando aconteceron sucesos que non se poden contar.





martes, 3 de novembro de 2015

Traballos do outono

Xa chegou novembro e con el o tempo de darlle vida ás nosas flamantes cabazas.
Aqui tedes ao alumnado de FP básica co seu profe  axudando na Biblioteca, foi obra deles, 
uns artistas! Moitas grazas!

O Bouza Brey máis internacional!

Nao Senlleira traducida ao Ruso, Francés, Éuscaro, Inglés, Italiano e outras moitas linguas.
Na entrada do Fermín Bouza Brey. 
Non o perdas!
Ven velo! 


Un venres do mes de outubro, estivemos no Pico Sacro con Dragal!


Aqui deixamos algunhas fotos do ben que o pasamos.





venres, 23 de outubro de 2015

II Xornadas Fermín Bouza Brey das letras Galegas 2015

Aquí deixamos algunhas imaxes do que aconteceu nestes dous días no Bouza Brey, un instituto no que  ao longo do curso, como podedes ver neste blog, pasan cousas marabillosas! Na nosa conta de Twitter: @Literatosbrey, atoparás toda a información en directo do acontecido nestas Xornadas.

 Síguenos!






mércores, 21 de outubro de 2015

Fermín Bouza Brey. Intelectual na Arousa!

Xa temos no IES a exposición sobre a figura de Fermín Bouza Brey. Foi elaborada a partir das entrevistas feitas polo alumnado a diferentes estudosos deste intelectual. A maquetación correu a cargo do profesor de matemáticas Antonio Solla e a impresión foi cortesía do Concello de Vilagarcía. A revista Bardos 68, de maio de 2015, número especial dedicado a Bouza Brey, recolle tamén estas entrevistas, que se fixeron durante o curso escolar 2014/15. Entre as persoas entrevistadas atópase autores como Antón Lopo, coordinador da fotobiografía de Bouza Brey, Anxo Angueira, Emilio Xosé Insua, Carlos Callón, Teresa López, Teo Cardalda, Javier del Valle-Inclán ou Beatriz Comendador. 








Interpretando Nao Senlleira

Fermín Bouza Brey na cafetería do Instituto.
 Pásatee bótalle un ollo!

Na Biblioteca do Bouza Trabállase! :)


"Por Mar e Terra" foi a temática escollida polo alumnado do intercambio coa Bretaña.
Así de fermosa está quedando a nosa Biblio este Outono!



mércores, 14 de outubro de 2015

Dragal e Nós. Camiño do Pico Sacro!

O próximo venres 16 de outubro imos ao Pico Sacro con Dragal! 
Paula e Celina estiveron pintando estes flamantes escudos para levar.




Photocall Outonal!

Neste Outono 2015 non deixes de vir pola Biblioteca!