Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

venres, 10 de marzo de 2017

CAROLINA NON SABE


Carolina non sabe cando é o día dos dereitos humanos, nin o día mundial sen tabaco; nin o día internacional da paz; nin o día da bicicleta; nin o do albariño de Cambados ou o do pemento de Padrón, ela non está ó tanto destas celebracións tan sinaladas do calendario. Con todo,  ela si sabe, cando o neno máis pequeno ten clase de ximnasia e lle ten que ter preparado o chándal, ou cando o maior quere saír de marcha e precisa sempre aquela camisa negra que nunca está ben pasada. Tamén sabe de ter a comida todos os días para as dúas e con pouco sal a carne que o home ten o colesterol un chisquiño alto, sabe de erguerse nas noites de gripe e de sarampelo, sabe tamén dalgunha bofetada que outra, de correr para o colexio falar cos profes dos pequenos ( o que chorou aquela vez que lle expulsaron o máis pequeno tres días),  sabe de facer as camas, de non parar en todo o día, de ir da casa ó super, do super á casa, logo á dos sogros que xa van vellos, de cas dos sogros ó banco, sempre da zeca para a meca. Sabe de multiplicar os pans e os peixes para chegar a fin de mes con algo de sobra para unhas deportivas novas para os rapaces, ¡ou os seus fillos non han ser coma os outros!
Hoxe mentres o seu Paco comía a carne cocida con pouco sal e ela estaba xa preparándolle o café, no parte da primeira saíu unha noticia dicindo que era o día da muller traballadora, sen saber moi ben por que púxose contenta de saber que a alguén se lle ocorrera  adicarlle un día ás mulleres traballadoras e díxolle a Paco - ¡Ai ho! Hasme ter que facer un regaliño que hoxe é o día das mulleres traballadoras -  Paco seguiu mirando para a televisión sen dicir nada e só despois de lavar o pocillo cunhas gotas de de caña dixo – Mulleres traballadoras son aquelas que traen un soldo para a casa-.
Carolina non dixo nada, púxose a fregar a louza no vertedeiro e as bágoas foron facendo espuma e algunha que outra pompa cando se mesturaron co Fairy que lle botara á pota de coce-la carne con pouco sal, xa sabedes, por aquelo do colesterol un chisco alto.

                                                           

mércores, 8 de marzo de 2017

TEXTOS QUE LEMOS NO PARO DO 8 DE MARZO



O paro do 8 de marzo foi secundado polo alumnado do IES Bouza Brey. Nel léronse textos de autoras galegas como Rosalía de Castro e Ana Romaní e de autores com Carlos Negro.
Alumnas de 2ºBacharelato leron dous textos de Rosalía de Castro: un fragmento de "Las Literatas. Carta a Eduarda", que trata sobre a minusvaloración das mulleres intelectuais e outro fragmento de "Dúas palabras da autora", prólogo de Follas Novas, sobre a dobre xornada laboral que se ven obrigadas a asumir as mulleres.


“No, mil veces no, Eduarda; aleja de ti tan fatal tentación, no publiques nada y guarda para ti sola tus versos y tu prosa, tus novelas y tus dramas [...] tú no sabes lo que es ser “escritora”. Serlo como Jorge Sand vale algo; pero de otro modo, ¡qué continuo tormento!; por la calle te señalan constantemente, y no para bien, y en todas partes murmuran de ti. Si vas a la tertulia y hablas de algo de lo que sabes, si te expresas siquiera en un lenguaje algo correcto, te llaman bachillera, dicen que te escuchas a ti misma, que lo quieres saber todo. Si guardas una prudente reserva, ¡qué fatua!, ¡qué orgullosa!; te desdeñas de hablar como no sea con literatos. Si te haces modesta y por no entrar en vanas disputas dejas pasar desapercibidas las cuestiones con que te provocan, ¿en dónde está tu talento?; ni siquiera sabes entretener a la gente con una amena conversación. Si te agrada la sociedad, pretendes lucirte, quieres que se hable de ti [...] Si vives apartada del trato de gentes es que te haces la interesante, estás loca, tu carácter es atrabiliario e insoportable [...] Las mujeres ponen en relieve hasta el más escondido de tus defectos y los hombres no cesan de decirte siempre que pueden que una mujer con talento es una verdadera calamidad, que vale más casarse con la burra de Balaán, y que sólo una tonta puede hacer la felicidad de un mortal varón.



E ¡sófrese tanto nesta querida terra gallega! Libros enteiros poideran escribirse falando do eterno infortunio que afrixe os nosos aldeáns e marineiros, soia e verdadeira xente do traballo no noso país. Vin e sentín as súas penas como si fosen miñas, mais o que me conmoveu sempre, e polo tanto non podía deixar de ter un eco na miña poesía, foron as inumerables coitas das nosas mulleres: criaturas amantes para os seus i os estraños, cheas de sentimento, tan esforzadas de corpo como brandas de corazón e tamén tan desdichadas que se dixeran nadas solasmentes para rexer cantas fatigas poidan afrixir a parte máis froxa e inxel da humanidade. No campo compartindo mitade por mitade cos seus homes as rudas faenas, na casa soportando valerosamente as ansias da maternidade, os traballos domésticos e as arideces da probeza. Soias o máis do tempo, tendo que traballar de sol a sol e sin axuda pra mal manterse, para manter ós seus fillos, e quisais ó pai valetudinario, parecen condenadas a non atoparen nunca reposo se non na tomba.

De Ana Romaní fíxose lectura do seu coñecidísimo poema "Camiñan descalzas polas rochas":

Belas irmás, subide
ás máis firmes rochas
Edith Södergran

Camiñan descalzas polas rochas,
pantasmas de sal habitan as sombras,
saben que as últimas mareas
esqueceron na praia os restos do naufraxio.
As mulleres recollen cada noite
os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a Historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanezan.

As mulleres de sal, con argazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.

Elas, que saben que o efémero permanece.

Do libro Penúltimas tendencias de Carlos Negro leron tres poemas: Barbie girl, onde fai un xogo de paralelismos entre a prisión da longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro e, neste caso, a prisión rosa á que se somete ás nenas;  5 razóns polas que cortaría contigo, poema que trata sobre actitudes e situacións asfixiantes que se producen frecuentemente nas relacións entre mozos e mozas, e Sección de conxelados, texto onde o autor poetiza o "non é non"

Barbie girl

O noso universo é rosa.

Rosas son os muros
da prisión das princesas.

Rosa o amor
e o estampado dos vestidos.

As fadas,
as bonecas,
a luz,
a laca das unllas,
as máscaras,
son todas rosas.

As portadas das revistas
que nos deseñan os soños,
feitas están
tamén co fulgor tan delicado do rosa.

E eu,
pequena larva,
afogando
entre estas catro paredes
eternamente
de rosa.

5 razóns polas que cortaría contigo

Se me fechas portas que non existen.

Se me envolves en papel de agasallo.

Se me tocas como un mando a distancia.

Se me negas moito máis de tres veces.

Se me dis que son o aire que respiras.


Sección de conxelados

Cando dis amor métome no frigorífico.
A carón do peixe e da masa para pizzas.
Xusto debaixo das croquetas do domingo.
A ver se así, en frío, comprendes dunha vez
o significado de respectar as distancias,
a negación que transmite un non nos meus labios:
rotunda como un stop ou un semáforo en vermello.


MULLERES A MARES: PREMIADAS NO CERTAME FOTOGRÁFICO 8 de MARZO

Reunido o xurado do III Certame Fotográfico do 8 de Marzo, que este ano se convocou baixo o lema "Mulleres a mares", resultaron premiados os traballos das alumnas Irea Ferreiro Álvarez, de 2ºESO-A e Nerea Lodeiro, de 1ºESO-A. Así mesmo, o xurado decidiu conceder un 3º premio a Samuel Álvarez Martínez de 1ºESO-A. As tematicas escollidas foron os oficios esquecidos (as colareiras), as mariscadoras e as deportista, neste caso unha remeira que é ao mesmo tempo adestradora.








xoves, 2 de marzo de 2017

PORTAS CON MENSAXES DE AMOR

Antes de retirar "as portas dos baños" onde vos convidamos a escribir as vosas mensaxes de amor co gallo do San Valentín, fixemos estas fotografías.













NARF, UN ARTISTA XENIAL QUE CANTOU A ROSALÍA

   


1.  Por que celebramos o Día de Rosalía o 24 de febreiro? Porque é a data na que naceu a nosa gran escritora en 1837. Iso quere dicir que este ano é o 180 aniversario do seu nacemento.

2. Que outra grande celebración temos cada ano vencellada a Rosalía de Castro?
    O Día das Letras Galegas.

3. Que día é? O 17 de maio.


    4. Que tema trata o poema de Rosalía “Pra Habana”?
     A emigración.

    5. Credes que “Tecín soa a miña tea” fala indirectamente do mesmo tema?
    Si, xa que a voz poética é a da unha muller que ten o seu home na  emigración.
       
    6. Que poema vos gustou máis “Unha vez tiven un cravo”, “Mais ve que o meu corazón”, “Cando penso que te fuches”? Resposta libre.

    7. De que falan estes poemas? 
    De experiencias amorosas dolorosas.

    8. Cando estivo Narf no noso instituto?
    En marzo de 2015, para celebrar o Día de Rosalía cun concerto e  un recital poético.

    9. Citade o título de 3 poemas de Rosalía que interpretase. 
     Bos amores, Amores cativos e Follas Novas.

   10. Completade a letra deste poema:
      Cal olido de rosas que sai de antre o ramaxen
nunha mañán de maio, hai amores soaves
que n’inda vir se sinten, nin se ve cando entraren
pola mimosa porta que o corazón lles abre
                  de seu, cal se abre no agosto
                  a frol ó orballo da tarde.
      E sin romor nin queixa, nin choros, nin cantares,
brandos así e saudosos, cal alentar dos ánxeles,
en nós encarna puros, corren coa nosa sangre
i os ermos reverdecen do esprito onde moraren.
                  Busca estes amores..., búscaos,
                  si tes quen chos poida dare;
                  que estes son soio os que duran 
                  nesta vida de pasaxen.

   11. Como se titula?  "Bos amores".

   12. En que cidade medrou e viviu a meirande parte da súa vida  Fran Pérez, NARF?
    En Compostela.

     13. Os primeiros grupos nos que participou chamábanse Nicho Barullo e os Quinindiolas.
    
     14. A principios dos anos 90 comezou a facer teatro coa compañía    Chévere.

 15. A obra coa que iniciaron a súa andaina teatral foi un grande

     éxito. Titulábase Río Bravo.

16. Narf recibiu moitos premios como recoñecemento ao seu traballo de compositor de bandas sonoras para teatro. Outorgáronlle o premio María Casares en numerosas ocasións.


 17. Como músico en solitario gravou un primeiro disco en directo e, no ano 2007, edita o segundo traballo titulado Totem.


 18.  Narf é autor de moitas das letras das súas cancións; outras son da autoría dalgúns amigos.


 19. Pola canción Santiago recibiu en 2006 un premio en Suecia.

 20. Vivíu nun país africano chamado Mozambique, cuxas costas están xusto en fronte da illa de Madagascar. Alí fixo amigos como os membros de Timbila Muzimba.

 21. Así mesmo colleu textos de poetas mozambicanos, como por exemplo a súa canción Quero ser tambor, que é de José Craveirinha.

22. Tamén foi amigo do guineano Manecas Costa con quen gravou o disco titulado Aló irmao, con moitas influencias da música africana.
     
    23. Tivo grandes amigos galegos que escribiron textos que Narf tamén cantou, como Pepe Sendón, Carlos Santiago e Xelís de Toro. Este último organizou a xira de Narf en Londres.

    24. Actuou en escenarios de catro continentes: América, Asia, África e Europa.

      25. Coa artista Uxía Senlle actuou en moitos lugares de América (en países como Arxentina ou os EEUU). Con ela gravou o seu derradeiro disco Balada da Galiza imaxinaria.

    26. Co seu gran amigo, o guitarrista, Marcos Teira, acompañouno nos últimos concertos que deu en Compostela, cando a enfermidade fulminante que se lle declarou a finais do verán pasado estaba a menos dun mes de deixar a cultura galega sen un artista xenial.

  27. A profe de Lingua Galega e Literatura e as persoas que coñeceron persoalmente a Narf destacan nel, ademais do seu talento musical, tres calidades: Narf era unha persoa cariñosa, humilde e xenerosa.




ENTROIDO NO BOUZA

Comezaron xa as festas do Entroido e no noso IES fixemos unha celebración con batucada incluída. O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO participou con alegría e imaxinación e, sobre todo, con moito ritmo!!! O día espléndido acompañou coma nunca esta festa que anuncia a fin do inverno e a proximidade da primavera. A biblioteca encheuse de máscaras elaboradas polo alumnado, baixo a dirección da profe Susana Ferradás.
Toda a festa antroideira non impediu que, asemade, celebrásemos o Día de Rosalía.


Os romanos de 1ºESO-A (Jorge, Brais, Hugo e Ramón)
foron os gañadores na categoría de grupos



Moisés Señoráns levou o primeiro premio na categoría individual



Disfrazouse moita xente, sobre todo de 3ºda ESO


Tamén de 2º, como Iago


E de 1º, como Anxo



Uxía si que se disfrazou da temática do mar. 
Vémola na imaxe convertida unha valente pirata




A ANPA foi a encargada de entregar os premios aos gañadores

Os da biblioteca tamén puxemos a nosa nota de cor




DÍA DE ROSALÍA: HOMENAXE A NARF

O 24 de marzo celebramos o Día de Rosalía, xa que en tal data de 1837, ou sexa, hai 180 anos, naceu a nosa meirande escritora. 
Hai dous anos, a primeiros de marzo de 2015, co gallo da celebración desta efeméride, a Biblio do Bouza organizou un recital poético e un concerto do artista Narf.
Este ano, para lembrar ao cantante recentemente finado, o alumnado de 1º ESO e o do agrupamento de 2º, realizaron unha serie de actividades e cantaron cancións de Narf. Xa que o día 24 coincidiu coa celebración do Entroido, algúns alumnos e alumnas de 1º ESO-B escribiron poemas de Rosalía que foron interpretados por Narf no seu disco Nas noites escuras. Na foto podedes ver a imaxe do poema "Bos amores".







Nas vitrinas da Biblioteca que están a carón de Secretaría podemos ver discos de Narf, outros de distintos artistas como Daquelas que cantan ou Rosalía de Amancio Prada, con cantantes galegas e doutros lugares do estado. Tamén hai un exemplar da revista Animal, publicada no ano 2006, coa portada e unha longa reportaxe dedicada a Narf.