Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

mércores, 21 de maio de 2014

O Verme a Estrela. Un traballo artístico.

Un traballo de Sara Araújo Pires (PCPI) para ilustrar o poema "O verme e a estrela".


Esta sede infinita de pureza
ausoluta, esta sede de xustiza
que nos queima, esta sede de beleza…
baixo as alas de pedra da preguiza
e a paga do pecado en cada esquina
e a herbiña sobre a foia e a ruína…


¡ Esta sede de lus, mentres o vento
da norte zúa darredor das cousas
que están no noso corazón, cincento
sopro que arrinca os días, queima as chousas
máis íntimas, e várreas coma a ágoa…!

A lus do mundo é a que arde nunha bágoa.



No día das Letras Galegas 2014

O venres 16 de maio... por fin fixemos público todo o traballo que levamos realizando nestes meses...
O Equipo de Normalización Lingüística quere darvos as grazas a todas e todos.

A Marta Vázquez e Marta Lago pola presentación do acto, a Dimas pola música e pola súa intervención, a Manolo e a Sandra pola organización da exposición, a Antonio polo deseño da mesma, a Mila e aos seus alumnos polos poemas recitados, a Lois, a Diego e ao resto dos mozos de TIC polo seu impresionante vídeo, a Carme e a Cristian polo apoio, a Sabela polo dominio das novas tecnoloxías, a Cristina polas actividades, a Mario, Marta, Darlyn, Antón, a Carmelo e aos seus alumnos de latín e ao pai de Cris polas traducións, a Bieito e aos seus alumnos polo photocall, a Esther, ás rapazas e rapaces que cantan o tema "Penélope" porque o fan de marabilla, a Isa e aos seus alumnos polos traballos que decoran o centro, a Ana Peña, a Miguel polos cartaces e a todas e todos os que se nos esquecen!!



venres, 16 de maio de 2014

Outro traballo máis sobre Díaz Castro, feito no noso IES!

Documental sobre a vida de e obra de Díaz Castro e a súa estancia en Vilagarcía. Traballo realizado polo alumnado do IES Fermin Bouza Brey.

Outro traballo máis sobre Díaz Castro, feito no noso IES!

Documental sobre a vida de e obra de Díaz Castro e a súa estancia en Vilagarcía. Traballo realizado polo alumnado do IES Fermin Bouza Brey.

mércores, 14 de maio de 2014

No Bouza Brey xa temos tamén a nosa Penélope!

A Penélope do Bouza é a nosa versión do poema máis coñecido de Xosé María Díaz Castro. 
O texto foi musicado por Dimas Iglesias e interpretado polo alumnado do IES Bouza Brey de Vilagarcía: Verónica Carballo, Natalia González, Berna Porto, Anxo Oubel, David Álvarez Caneda, Laura Jamardo, Ana Martínez, Joni Nogueira e Daniel Romero.




Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
                             
                               Xosé María Díaz Castro

martes, 13 de maio de 2014

Debuxando Penélope

Penélope de Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Penélope é o poema máis coñecido de Xosé María Díaz Castro. O alumnado do IES Bouza Brey de Vilagarcía interpreta o texto musicado por Dimas Iglesias. Verónica Carballo, Natalia González, Berna Porto, Anxo Oubel, David Álvarez Caneda, Laura Jamardo, Ana Martínez, Joni Nogueira e Daniel Romero.


mércores, 7 de maio de 2014

Abril con Manuel Lourenzo na Biblio do Bouza




Clica na seguinte ligazón para ver a segunda parte do video:

Xa fai un ano e parece que foi onte

O día 29 de abril de 2013 a escritora Marica Campo mantivo un animado encontro co alumnado do IES Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa onde falou, entre outras cousas, sobre o oficio de escribir e a súa condición de muller escritora no momento actual. Aquí deixámosvos o vídeo daquela conversa.


Marica Campo nace no Val do Mao, no fermoso concello megalítico do Incio, o 24 de febreiro de 1948. Poeta, narradora e dramaturga, a súa obra atopámola espallada entre as diversas editoriais do panorama literario galego: Pedinche luz prestada, no ano 2001 na editorial especializada en poesía Espiral Maior; Confusión e morte de María Balteira, do 1996 por Baía Edicións; ou O Divino Sainete (2008), adaptación teatral da obra homónima de Manuel Curros Enríquez. Recibíu varios premios: unha mención de Honor de O Facho en 1983, por O Premexentes non pode cos paxaros rebezos ou Memorias dun Escribano; ou o premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Poesía no 2008, por Sextinario: trinta e seis + tres.



Clicade nas seguintes ligazóns e poderedes ver os videos da visita de Marica Campo ao Bouza Brey:

A ESCRITORA MARICA CAMPO NO IES BOUZA BREY (I PARTE) - YouTube

A ESCRITORA MARICA CAMPO NO IES BOUZA BREY (II PARTE) - YouTube