Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

xoves, 25 de febreiro de 2016

mércores, 24 de febreiro de 2016

Tintinophiles. Pedro Rey

Onte tivemos a sorte de poder contar co tintinófilo Pedro Rey no noso centro. Hoxe escribe unha entrada no seu blog, onde conta como transcurreu a tarde no Fermín Bouza Brey. 
Ademais, podedes botar unha ollada á súa conta de twitter.

Día de Rosalía


Neste 24 de febreiro de 2016, celebramos de novo o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Deixámosvos algúnhas versións dos seus poemas, unha selección musical para festexar este día gris e chuvioso de febreiro. "Alborada jazz", do album "Rosalía XXI", no que Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira lle poñen voz aos textos da poeta. Narf Trío interpreta "Nunca sospiro", O Leo Arremecaghoná canta "A nosa señora detrás do tonel", Os Poetarras "A xustiza pola man", Quempallou "Xan", "Adios ríos adios fontes" e "Quen non xime" por Amancio Prada, a "Negra Sombra" cantada por Najla Shami, o "Negro Caravel" interpretada por Rosa Cedrón na voz e Cristina Pato ao piano ou "Campanas de Bastabales" dos D'Abaixo. Agardamos que vos gusten!



















luns, 22 de febreiro de 2016

Fondos recentes. Novas adquisicións






As vitrinas de Tintín

Nas vitrinas da biblioteca poderedes botar unha ollada aos fondos de Tintín que temos no Bouza. A colección de comics case completa en galego e algúns exemplares en francés. Ademáis, para decorar a exposición, o alumnado elaborou figuriñas do cómic en plastilina e houbo aportacións persoais.






TINTÍN na Biblio do BOUZA




TINTÍN no Bouza Brey


Figura de Bianca Castafiore

Seguimos festexando un lustro de banda deseñada na biblioteca do Bouza, desta vez con Titín. O alumnado de 1º e 3º da ESO de Francés, escolleron a Tintín para ler e traballar as súas historias. Como resultado, podemos disfrutar na entrada do centro, dunha exposición sobre os cómics e personaxes titulada "Tintinophiles". Ademáis, a biblioteca decorouse con diferentes cartóns sobre os personaxes a tamaño real. Este vindeiro martes 23 teremos a sorte de contar cun especialista na figura de Tintín, Pedro Rey, economista, informático e deseñador gráfico natural de Vilagarcía de Arousa e residente en Santiago de Compostela. Conta con máis de mil obxectos relacionados co personaxe e tamén dirixe un blog http://www.pedrorey.com/, no que recolle toda a actualidade relacionada co debuxo creado por Hergé. 



 




mércores, 17 de febreiro de 2016

Feminino/Masculino? Rachando Estereotipos!

Outro ano máis, no Fermín Bouza Brey, organizamos o II Certame fotográfico polo día da muller traballadora. Baixo o lema: Feminino/Masculino? Rachando estereotipos!, animamos ao alumnado a participar, con fotografías que amosen imaxes de homes realizando tarefas ou actividades tradicionalmente atribuídas ás mulleres. As imaxes acompañaranse dun texto explicativo que non sobrepase os 140 caracteres. O correo da biblioteca, a onde poderedes enviar os traballos, é o seguinte: beiesferminbouzabrey@gmail.com








O galego regresa ao futuro!

Este ano, o alumnado do IES Fermín Bouza Brey presentouse de novo ao Concurso Gráfico de Adhesivos pola Normalización Lingüística, que tivo como lema: "O galego regresa ao futuro. 100 anos máis pola lingua".  O concurso vai dirixido a todos os institutos do Salnés e nel participan varias categorías: ESO, BACH e Ciclos. O alumno Jhonatan Nogueira Aragunde levou o 2º premio na súa categoría. A continuaión, e tamén na cafetería do centro, poderedes ver todos os traballos expostos.




 








mércores, 3 de febreiro de 2016

Antroido 2016

A Biblioteca do Bouza tamén se viste de Antroido e, para celebrar tan sinaladas datas, encheu a sala de máscaras. Unha exposición de fondos da biblioteca saca dos andeis estudos sobre o antroido en Galicia, o carnaval de Río no Brasil e mesmo o de Venecia. Con esta celebración achegámonos á fin do inverno pero tamén entramos na coresma, que son eses 40 días precedentes á Pascua na tradición católica, durante os que non se pode comer carne.

“Adeus martes de Entroido,
adeus, meu amiguiño,
ata Domingo de Pascua
non comerei máis touciño”

Son estas, polo tanto, datas de desenfreo e liberación onde o único prohibido é non participar e enfadarse. Achegádevos á biblioteca para saber algo máis sobre esta festa de longa tradición popular en Galicia e, o máis importante, festexádea moito e ben!



Fanzineando en 1º da ESO

Ao longo deste mes de xaneiro ides poder ver a exposición de FANZINES elaborados polo alumnado do 1º curso da ESO en Educación Plástica. Trátase de mini publicacións nas que os autores e autoras desenvolven ideas a partir de debuxos, textos ou collages.  

Achegádevos e botádelle un ollo, vanvos encantar! 
Animádevos a fanzinear tamén!