Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

venres, 12 de decembro de 2014

Chegou o Nadal ao Bouza

Nestas datas de Nadal, no IES Bouza Brey ten lugar o II Feirón de Nadal, onde poderás levar un libro de balde para ti ou para agasallar a quen ti queiras. Mais, nestas datas de consumismo navideño, lembra que non é preciso mercar nada para amosar o noso aprezo por alguén e que ademáis, as vacacións son un momento ideal para ler un libro. Ven canda nós ler un clásico ou leva en préstamo unha película.  




Clásicos de sempre





xoves, 11 de decembro de 2014

Seguimos cos clásicos

Recorda que se les un clásico no Nadal e indicas que canción lle adxudicarías, levas un agasallo só por participar. Anímate e ven ler con nós!!!







xoves, 27 de novembro de 2014

CLASIQUEANDO. A polos Hits do Nadal.

Escolle o teu clásico e ponlle música:


Instrucións para participar:


 Exemplo:


Agasallo seguro para todos os participantes.
Ven ata a Biblioteca e infórmate! 

mércores, 26 de novembro de 2014

OUTONO SOLIDARIO

Os alumnos e alumnas de 2º ESO A son os nosos colaboradores na Biblioteca. Son eles os que axudan día a día a darlle vida e a convertir este pequeno espazo de lectura nun lugar acolledor e dinámico. Calquera de vós pode achegarse a ela e ila coñecendo. 



Do 17 ao 21 de novembro ten lugar no centro unha recollida solidaria de alimentos. Como todos eles son estupendos debuxantes, aprobeitaron este tempo outonal, xunto cos compañeiros e compañeiras de plástica, para  invitarnos cos seus murais a participar. 





martes, 25 de novembro de 2014

Cantando todos xuntos na Biblioteca

E por fin chegaron os Bretóns.

Viñeron os nosos compañeiros da Bretaña francesa a contarnos contos da súa terra. Nós tamén lles falamos dese Can Urco que vivía en Cortegada, da Santa Compaña, do que se conta que aconteceu en Armenteira e da Serea de Sálvora. Para despedirnos cantamos todos "Toi plus Moi" de Gregoire. Foi unha mañán ben divertida!



luns, 17 de novembro de 2014

UNHA MEDALLA DE OURO NO GALICIA SKILLS 2014 PARA UN ALUMNO DO IES FERMÍN BOUZA BREY



O pasado 7 de novembro de 2014 entregáronse no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago os galardóns da III convocatoria do Campionato Galego de Formación Porfesional, “Galiciaskills 2014”.

Trátase dunha competición, fundamentalmente práctica, na que alumnos de diferentes centros educativos galegos compiten en diversas skills ou especialidades de Formación profesional.

Nesta covocatoria resultou premiado na categoría de Control Industrial Miguel García López, alumno que está a cursar o Ciclo Superior de Automatización e Robótica Industrial no IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa.

Este alumno formará parte da selección galega que participará na 35 edición do ”Spainskills 2015” que terá lugar o vindeiro mes de abril en Madrid.


Os nosos pararabéns!!!

venres, 7 de novembro de 2014

Sereas do Mar de Sálvora

Algo se está cocendo na Biblioteca e os compañeiros da FP tamén viñeron axudar.
 Está subindo a marea, ti non quedes varado en seco! Ven canda nos!!



As primeiras ousadas en subir ao Barco das Sereas. Mozas sen medo!!

O alumnado de 2º da ESO traballou a reo para dar vida ao mar de Arousa na nosa Biblioteca. Ata fixeron un secadeiro de peixe cheíño de xurelos, xardas e sardiñas e un barco de vela, onde aparecen as fotos de todos os rapaces e rapazas do intercambio coa Bretaña francesa. O barco serve de Photocall e xa hai quen quixo subir nel!




Imos de pesca pola Ría

Pablo Nogueira Baúlde e o profe Marcelo trouxeron apeiros e aparellos de pesca: redes, artes, boias, risón, nasa para pescar o camarón vivo, cesta e fío de Palangre. Que bonito quedou todo!!!!!







Seres do noso mar de Arousa

Foron os rapaces e rapazas de segundo da ESO A, os que deron vida a todas estas marabillas do noso mar. Asi mesmo, contaron coa axuda das compañeiras da Bretaña francesa que nos acompañan. María Gonzalez debuxou a outra serea, o polbo, o cabaliño de mar e os golfiños. Todos os compañeiros traballaron e axudaron a María e a Heloise. 




Mariña e Calipso

O noso mar é a morada de sereas e homes mariños, de peixes, de cabaliños de mar, de golfiños e de moitos outros seres. Nacida do mar, Mariña habitou a illa de Sálvora durante séculos e foi neste ano 2014 que Heloise, a nosa compañeira de 2º da ESO, decidiu invitala a visitar o Bouza Brey. Con ela veu a súa irmá xemelga Calipso e todo o séquito de seres mariños que quixeron acompañala. No Instituto quedamos encantados con esta visita e xa non queremos que marchen nunca máis, imos convencelos para que queden con nós para sempre.




OS OLLOS AZUIS DO FILLO DA SEREA

No Bouza Brey xa está todo preparado para o Otono.
 A nosa Biblioteca parece o mar de Arousa, no que habita Mariña, a serea de Sálvora!