Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

mércores, 25 de novembro de 2015

STOP VIOLENCIA MACHISTA

Hoxe, 25 de Novembro de 2015, no Fermín Bouza Brey, ao igual que en moitos outros puntos do planeta, imos dicir alto e forte que rematar coa violencia machista ten que ser obxectivo prioritario nunha sociedade xusta e democrática.

 Non podemos avanzar cara una sociedade de homes libres se non hai una sociedade de mulleres libres. Por iso, seguiremos a cuestionar e combater a cultura patriarcal e sexista que discrima ás mulleres e lexitima a continuación da violencia machista.

Así pois, queremos que se escoite a nosa voz decindo que nunha sociedade civilizada e democrática non se pode permitir un só feminicidio mais.


mércores, 18 de novembro de 2015

LUCES DO ALÉN


Os epitafios (do latín epitaphium, composto de duas voces gregas epi, sobre, e taphos, tumba), son textos que honran ao defunto, normalmente inscritos nunha lápida ou placa conmemorativa.

Precisamente, neste mes de Defuntos, as rapazas e rapaces de terceiro e primeiro da ESO buscaron epitafios curiosos, de autores relevantes do mundo da literatura, da filosofía, da política, e da cultura en xeral, dando como resultado unha exposición que se pode ver na cafetería. Nela participaron os departamentos de Lingua e Literatura Galega e Castelá, Ciencias Sociais e Cultura Clásica.

Dado que continuamos a celebrar o ano da luz, ao longo deste curso, a mostra leva por título Luces do Alén, ao que se lle engadiu un epitafio célebre que atopamos no camposanto da cidade de Ourense: "O termo da vida aqui o vedes, o destino da alma según obredes"


 

xoves, 5 de novembro de 2015

Xuxo Caramuxo

Cristian contou a historia de Xuxo Caramuxo para a rapazada de primeiro da ESO. 

Un conto de medo dun mariñeiro de Cambados, fachendoso e atrevido que, logo de ter navegar os cinco mares, mexou de medo no medio e medio da noite cando aconteceron sucesos que non se poden contar.





martes, 3 de novembro de 2015

Traballos do outono

Xa chegou novembro e con el o tempo de darlle vida ás nosas flamantes cabazas.
Aqui tedes ao alumnado de FP básica co seu profe  axudando na Biblioteca, foi obra deles, 
uns artistas! Moitas grazas!

O Bouza Brey máis internacional!

Nao Senlleira traducida ao Ruso, Francés, Éuscaro, Inglés, Italiano e outras moitas linguas.
Na entrada do Fermín Bouza Brey. 
Non o perdas!
Ven velo! 


Un venres do mes de outubro, estivemos no Pico Sacro con Dragal!


Aqui deixamos algunhas fotos do ben que o pasamos.