Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

Normas da Biblioteca

NORMAS XERAIS DA SALA:


  1. A Biblioteca é un lugar de acceso libre, para tódolos membros da comunidade escolar, pero só se pode acceder a ela na presencia dalgún membro do equipo de biblioteca ou dun profesor ou profesora.
  2. Existe un horario de apertura do espacio e de préstamo de libros, que coincide co tempo de lecer. Excepcionalmente farase préstamo fora dese tempo coa presencia dalgún membro do quipo. 
  3. SILENCIO! A Biblioteca é un lugar libre de ruidos. Se alborotas podes impedir que alguén que está estudiando ou traballando pida facelo.
  4. Os ordenadores son material de consulta e traballo. Son para o uso de todos e todas, pero non para xogar nin conectarte ás redes sociais.
  5. O préstamo faise no recreo. Cando sona o timbre todos e todas temos outras cousas que facer, e ti debes ir a clase.
  6. Se comes ou bebes na biblio os libros acaban pagando as consecuencias e o espacio vaise deteriorando. Polo que non se pode comer nin beber na biblio.
  7. A Biblioteca é un espacio de lectura, traballo, investigación e estudio pero non un local social para reunións. Utiliza outros espacios adecuados para esa finalidade.
  8. Non se poderá permanecer na biblioteca sen material ou de lectura.
  9. Antes de marchar da biblioteca o teu espacio debe quedar limpo e recollido. COloca as mesas e os libros no lugar adecuado. Asimesmo se utilizas os ordenadores, estes deben quedar apagados.
  10. O incumprimento destas normas básicas poder ter como consecuencia a perda de dereito de uso das instalacións.

NORMAS RELATIVAS AO PRÉSTAMO DE FONDOS:
Os préstamos de libros son de 15 días, prorrogábeis a 7 días máis. Podes ter dous libros en préstamo.
En cando ao resto de soporte, poder levar pelis ou música durante 3 días. Este préstamo pódese compatibilizar co de libros.