Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

venres, 18 de decembro de 2015

Descifra o "Arbo-lito".

Recoñece os minerais, fósiles e rochas presentes no "Arbol-lito". Cada un deles ten un número, que, unha vez identificado deberase adxudicar ao mineral, rocha ou fósil correspondente.

Completa a táboa e introdúcea no buzón indicando o teu nome e apelidos.

Haberá premio para as/os participantes que a completen de forma correcta.


mércores, 16 de decembro de 2015

Fai uso da túa lingua!

FALA GALEGO!


Árbores de libros na Biblioteca do Bouza polo Nadal!

A Enciclopedia galega pasou dun estante da biblioteca a ocupar un lugar principal na sala,
 en forma de fermosa árbore de Nadal!


Os libros de texto vellos de Ciclos Formativos, que durmían o seu plácido sono en caixas de cartón nun almacen, tamén fixeron unha bonita árbore de Nadal!






Chegou o APALPADOR ao Fermín Bouza Brey!

Veu visitarnos o Apalpador cargadiño de libros e deixóunolos todos no centro.

Que mellor agasallo de Nadal!

Achégate, bótalles un ollo e, se hai algún que che interese ou guste, levao de balde!






 


O apalpador recoméndache ler polo nadal! faille caso!

Exposición de lecturas recomendadas pola biblioteca para este Nadal. 






Arbol-lito de Nadal

Decoramos unha das vitrinas da Biblioteca cunha árbore de minerais, rochas e fósiles. Se identificas cada unha delas e o fas correctamente poderás levar un agasallo. 

Ven pola Biblio do Bouza e participa no concurso!



Recomendacións lectoras para ciclos formativos


martes, 15 de decembro de 2015

Polo Nadal celebramos o Solsticio de Inverno

Con motivo do "Ano Internacional da luz e as tecnoloxías baseadas na luz", organizamos ao longo deste curso unha serie de actividades relacionadas con este tema. Aproveitando estas datas de Nadal celebramos o solsticio de inverno, cunha exposición de infografías arredor da luz. Para completar a mostra, fixéronse uns carteis informativos e dous grandes debuxos de Ra e Isis, ademáis do enorme sol de Poliuretano que colga do teito. O traballo foi elaborado por alumnos da ESO de tecnoloxía, baixo a coordinación do seu profesor Carmelo Cacabelos e do equipo da Biblioteca escolar. Estará exposta na cafetería do centro ata o mes de xaneiro do ano que ven. 

Vide vela!