Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

martes, 24 de febreiro de 2015

As fotos do Antroido!

O "merchandaisin" da nosa Biblio


No cabodano de Rosalía!

No Bouza Brey tamén lembramos a Rosalía de Castro no 178 cabodano do seu nacemento, e facémolo co poema que Curros dedica á poeta de Padrón.



Do mar pola orela
mireina pasar, 
na frente unha estrela, 
no bico un cantar. 
E vina tan soia 
na noite sin fin,

¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos 
que vin pasar eu, 
comesta dos lobos, 
comesta se veu… 
Os ósos son dela 
que vades gardar.

¡Ai, dos que levan na frente unha estrela! 
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

Curros Enríquez, Manuel (1992). Poesía galega completa. Vigo: Ed. Galaxia

<iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/6gi32jPV05o" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

luns, 23 de febreiro de 2015

Participamos no OLLOBOI

Xa están os nosos videos seleccionados para concursar: Penélope e Díaz Castro.  
Premede na seguinte ligazón:
http://olloboi.com/