Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

martes, 19 de maio de 2015

Un lustro de Cómic no Bouza

Exposición dos carteis de recomendacións lectoras de banda deseñada, elaborados no Bouza Brey ao longo destes últimos 5 anos. Achegádevos á cafetería, folleade a libreta-catálogo da exposición e levade algún ENORMIC para ler na casa.


luns, 18 de maio de 2015

Quen é Bouza Brey?

Os nosos compañeiros e compañeiras de 4º da ESO buscan información e tentan averiguar quen é o intelectual que da nome ao seu centro.


domingo, 17 de maio de 2015

A Nao Senlleira, tres anos de singradura.

O noso Club de lectura "Nao Senlleira" leva 3 cursos funcionando. Neste vídeo os membros do Club fan un repaso pola singladura desta nave que navega polos mares da literatura e a imaxinación.