Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

luns, 28 de abril de 2014

A Vitrina de García Márquez

Como recordo e en homenaxe a Gabriel García Márquez, Nóbel de Literatura e máximo expoñente do "realismo máxico", finado recentemente, expoñemos algunhas das súas obras na nosa vitrina.




“- ¿Y hasta cuándo cree usted que podemos seguir en este ir y venir del carajo?- le preguntó.
Florentino Ariza tenía la respuesta preparada desde hacía cincuenta tres años, siete meses y once días con sus noches.
-Toda la vida-respondió.”

El amor en los tiempos del cólera, Gabriel García Márquez






mércores, 23 de abril de 2014

A VITRINA DE MANUEL LOURENZO

Achegádevos sen medo para ver as obras de Manuel Lourenzo que temos na Biblioteca.
 Animádevos a lelas, ou a relelas os que xa as coñezades.




Chegou a Primavera á Biblioteca do Bouza! Xa era hora!

Despois dun longo inverno, visitounos por fin a Primavera e con ela chegaron tamén grandes doses de alegría, que tanta falta nos facía, nas flores, nos libros, na arte, na poesía...




 

 



  













Mulleres Galegas no Cine

Traballo realizado polo alumnado da ESO do Bouza Brey, con motivo da celebración do día da Muller Traballadora




mércores, 9 de abril de 2014

Manuel Lourenzo no Bouza Brey

"Son Koblai, da tribu de Zalb. Son Iraquí e musulmán, son árabe, son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo."

A dignidade e a esperanza, a narración da loita contra un destino imposto e a recuperación duns soños coartados pola guerra. Manuel Lourenzo trouxo a historia de Khaled e o seu signo nos tempos modernos, e de viva voz falounos e fíxonos revivir a historia deste Irmán do vento. Sucedeu onte e aquí tedes a súa repercusión mediática:

El escritor Manuel Lourenzo comparte con alumnos del Bouza Brey su “Flor de area” - Vilagarcía - Diario de Arousa - Las noticias de Vilagarcía, O Salnés, O Barbanza y Ulla-Umia.

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2014/04/09/ies-bouza-brey-reencuentra-escritor/1002089.html

Tamén na versión impresa da Voz de Galicia (9/4/2014)

martes, 1 de abril de 2014

Mulleres Xornalistas

Os alumnos e alumnas de Lingua e Literatura Galega, guiados pola súa profesora Isabel Avión, fixeron un traballo sobre mulleres xornalistas que, a xeito de exposición, podemos observar na entrada do instituto. A mostra encádrase nas actividades levadas a cabo no Fermín Bouza Brey con motivo da celebración do 8 de marzo.