Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

venres, 21 de marzo de 2014

Cartas de Desamor

Un mes despois do AMOR chegou o DESAMOR ao Bouza Brey!

Polo 14 de Marzo, un mes despois do San Valentín, o alumnado e o profesorado de  lingua galega e castelá soprendeunos cunha morea de cartas de desamor. 

Podedes velas na parede da cafetería. Achegádevos!!!





martes, 18 de marzo de 2014

A Muller na Prensa

A Biblioteca do Bouza Brey e o alumnado de 1º de BAC, aprobeitando as datas conmemorativas do 8 de marzo, día da Muller traballadora, e da "Semana da Prensa" do 11 ao 15 de marzo, elaboraron elaboraron unha serie de murais recollidos nunha exposición que leva por título "A Muller na Prensa". Unha actividade que permitiu ao alumnado revisar e traballar diferentes aspectos relacionados coa muller e a súa visibilidade na prensa, a partir de diversas publicacións periódicas, tanto dixitais como en papel. 


Así pois, os diferentes murais recollen temáticas relacionadas coa doble xornada laboral, os dereitos laborais, a muller no deporte, a violencia de xénero, axudas á maternidade, dereitos sexuais e reprodutivos etc. O traballo foi elaborado na Biblioteca, onde os autores se apoiaron en manuais e diferentes publicacións que os axudaron a documentarse sobre o tema.
























No día da Muller traballadora

Aqui tedes unha mostra das propostas literarias do profesorado e do alumnado do Bouza Brey, con motivo da celebración desta sinalada data:












.

mércores, 5 de marzo de 2014

Entroido de ciencia-ficción no Bouza Brey

Aproveitando a mesma temática, neste 2014 disfrazámonos polo Entroido de personaxes de ciencia-ficción. Poucos foron os que quedaron sen pasar polo noso Photocall estelar ou sen fotografiarse co traxe de astronauta, elaborado para a ocasión pola profesora e alumnos de plástica de 1º da ESO, ao igual que moitos dos decorados.






Aqui tedes unha reportaxe fotográfica do que aconteceu aquel día:

Teletranspórtate á Biblioteca e déixate abducir pola Ciencia-ficción!!!

Na Biblioteca inauguramos este ano o entroido cunha mostra de novelas, comics e películas de de ciencia-ficción. Ven botar un ollo e déixate abducir por algunha das nosas propostas!