Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

martes, 18 de marzo de 2014

A Muller na Prensa

A Biblioteca do Bouza Brey e o alumnado de 1º de BAC, aprobeitando as datas conmemorativas do 8 de marzo, día da Muller traballadora, e da "Semana da Prensa" do 11 ao 15 de marzo, elaboraron elaboraron unha serie de murais recollidos nunha exposición que leva por título "A Muller na Prensa". Unha actividade que permitiu ao alumnado revisar e traballar diferentes aspectos relacionados coa muller e a súa visibilidade na prensa, a partir de diversas publicacións periódicas, tanto dixitais como en papel. 


Así pois, os diferentes murais recollen temáticas relacionadas coa doble xornada laboral, os dereitos laborais, a muller no deporte, a violencia de xénero, axudas á maternidade, dereitos sexuais e reprodutivos etc. O traballo foi elaborado na Biblioteca, onde os autores se apoiaron en manuais e diferentes publicacións que os axudaron a documentarse sobre o tema.
























Ningún comentario:

Publicar un comentario