Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

mércores, 3 de febreiro de 2016

Antroido 2016

A Biblioteca do Bouza tamén se viste de Antroido e, para celebrar tan sinaladas datas, encheu a sala de máscaras. Unha exposición de fondos da biblioteca saca dos andeis estudos sobre o antroido en Galicia, o carnaval de Río no Brasil e mesmo o de Venecia. Con esta celebración achegámonos á fin do inverno pero tamén entramos na coresma, que son eses 40 días precedentes á Pascua na tradición católica, durante os que non se pode comer carne.

“Adeus martes de Entroido,
adeus, meu amiguiño,
ata Domingo de Pascua
non comerei máis touciño”

Son estas, polo tanto, datas de desenfreo e liberación onde o único prohibido é non participar e enfadarse. Achegádevos á biblioteca para saber algo máis sobre esta festa de longa tradición popular en Galicia e, o máis importante, festexádea moito e ben!



Ningún comentario:

Publicar un comentario