Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

mércores, 7 de maio de 2014

Xa fai un ano e parece que foi onte

O día 29 de abril de 2013 a escritora Marica Campo mantivo un animado encontro co alumnado do IES Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa onde falou, entre outras cousas, sobre o oficio de escribir e a súa condición de muller escritora no momento actual. Aquí deixámosvos o vídeo daquela conversa.


Marica Campo nace no Val do Mao, no fermoso concello megalítico do Incio, o 24 de febreiro de 1948. Poeta, narradora e dramaturga, a súa obra atopámola espallada entre as diversas editoriais do panorama literario galego: Pedinche luz prestada, no ano 2001 na editorial especializada en poesía Espiral Maior; Confusión e morte de María Balteira, do 1996 por Baía Edicións; ou O Divino Sainete (2008), adaptación teatral da obra homónima de Manuel Curros Enríquez. Recibíu varios premios: unha mención de Honor de O Facho en 1983, por O Premexentes non pode cos paxaros rebezos ou Memorias dun Escribano; ou o premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Poesía no 2008, por Sextinario: trinta e seis + tres.



Clicade nas seguintes ligazóns e poderedes ver os videos da visita de Marica Campo ao Bouza Brey:

A ESCRITORA MARICA CAMPO NO IES BOUZA BREY (I PARTE) - YouTube

A ESCRITORA MARICA CAMPO NO IES BOUZA BREY (II PARTE) - YouTube

Ningún comentario:

Publicar un comentario