Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

luns, 28 de marzo de 2016

Fernando Iglesias, Kohell, no Fermín Bouza Brey.

Foi o pasado venres 18 de marzo cando o debuxante Fernando Iglesias, coñecido no mundo do cómic como kohell, visitou o Fermín Bouza Brey. Contounos cousas ben interesantes arredor dos recursos narrativos empregados na banda deseñada. Coñecimos a súa obra e O Garaxe Hermético, escola profesional de banda deseñada e ilustración onde Fernando é mestre.  

Poderedes achegarvos ao coñecemento dalgúns dos seus traballos na biblioteca do Bouza, pois esta conta coa colección completa da revista satírica Retranca, da que Kohell foi colaborador habitual, exemplares da revista Fiz e mesmo poderedes levar en préstamo o Dédalus en Compostela, no que Fernando Iglesias adapta á banda deseñada o relato homónimo de Vicente Risco. Publicado orixinalmente en 1929, o texto narra o encontro entre o propio Risco e Stephen Dédalus, alter ego de James Joyce, e o seu paseo polas rúas da capital galega. Segundo asegurou Iglesias, "máis do 70 por cento do texto orixinal da obra está recollido no cómic, que ten un punto fantástico porque o relato tamén o é". A continuación, poderedes ver unha pequena galería de imaxes na que se recollen diferentes momentos da visita de Kohell ao Fermín Bouza Brey.


Ningún comentario:

Publicar un comentario