Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

mércores, 27 de novembro de 2013

Contos do Outono no Bouza Brey



O xoves día 14 de novembro celebramos a tradicional velada de Contos do Outono. Esta actividade, organizada pola Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega, consistiu nun concurso de contacontos onde participou o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO. Ademais, asistimos a unha actuación do contacontos Celso F. Sanmartín. Tendo en conta a escaseza de ámbitos de socialización da xente nova en lingua galega, os Contos do Outono pretenden ser un incentivo para o emprego do galego máis alá das aulas e desenvolver as súas competencias de expresión oral.


“Contar é un oficio que todos temos. Escoitar, conversar, colleitar, destilar, contar, convivir, …” Estas son palabras do manifesto do contacontos Celso F. Sanmartín. Así foi, quixemos que as historias saisen das páxinas impresas e das virtuais e que cobrasen vida na voz do alumnado.


A actividade resultou un éxito. Todos os participantes brillaron e fixeron gozar ao público. As gañadoras foron Helo Gallego e Sandra Navia en 1º da ESO, Anxo Oubel e Diego Falcón en 2º e Pierre Gallego e Carlos Barreiro en 3º. Estas foron as actuacións que máis gustaron ao estupendo xurado que tivo un difícil traballo, pero é innegable que houbo outras moitas intervencións magníficas. Xa estamos desexando unha nova edición para o curso que vén.




Ningún comentario:

Publicar un comentario