Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

venres, 5 de abril de 2019

VALENTINA TERESHKOVA: PERSONAXE DO TRABALLO GAÑADOR DO CERTAME FOTOGRÁFICO DO 8 DE MARZO


Brais Chaves foi o gañador do V Certame Fotográfico 8 de Marzo co seu traballo sobre Valentina Tereshkova, física soviética que foi a primeira muller astronauta.

 Elisa e Marcela, foron as figuras escollidas por Aizaia para o seu traballo que mereceu o primeiro premio na categoría de 3º e 4º. Elisa e Marcela son as protagonistas do primeiro matrimonio entre mulleres. Foi na Coruña en 1901.

O segundo premio de 3º e 4º da ESO foi para Nerea Bravo, polo seu traballo sobre a escritora, primeira xornalista de guerra, Sofía Casanova.

Luz Fernández González foi a gañadora do 2º premio do Certame na categoría de 1º e 2º da ESO , que foi na que houbo unha ampla participación. O personaxe elixido por Luz foi Dorothy, arqueóloga británica que viviu grandes peripécias no exercicio da súa profesión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario