Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

sábado, 30 de marzo de 2019

AFRA TORRADO: VERSOS PARA NÓS


Afra Torrado é a poeta do texto que traballou o alumnado de 3º da ESO-B para o mes de marzo. A complicidade entre mulleres de diferentes xeracións e a denuncia dos padecementos, moitas veces calados, son os temas que presenta este texto áspero e sincero. Como a súa autora, como tantas de nós...

amencer no monte
coa pel rota
rodeada de espiños.

mamá fala diso
da crueldade das puntas oxidadas
que se cravan ao que fora coiraza

en secreto

coma quen fai a equipaxe para fuxir
clandestina

así:
alerta
afiamos coitelos de pau

coas fiestras abertas óese todo.

                                          Afra Torrado

Ningún comentario:

Publicar un comentario