A Biblioteca do IES BOUZA BREY quere sumarse á campaña d@s traballador@s da cultura: #NonNosCanceles
Este é o seu manifesto:
A cultura, no seu sentido máis amplo, tece as nosas vidas, as nosas emocións, a nosa identidade, o noso futuro.Todas as artes están agora mesmo sufrindo na súa pel a cancelación de toda actividade. O sector cultural galego reclama o coidado, o acompañamento e comprensión do público que o aplaude e das administracións que deben servir para axudar a que soportemos un golpe desta magnitude. Milleiros de artistas en xeral, promotores-as, produtoras, axencias de representación, persoal técnico de son, luces e montaxe, cámaras, seguridade… e un longo etc. de profesións que sufrimos un paro indefinido e sen apenas soporte a corto-medio prazo.Fanse urxentes medidas para un sector no que fomos os primeiros en saír da escena e non queremos ser os últimos en entrar, o noso futuro non pode ser cancelado.
Sen cultura non hai país. A imaxe que ilustra esta entrada é unha composición feita con fotografías que aparecen no instagram do hashtag #NonNosCanceles
Ningún comentario:
Publicar un comentario