Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

luns, 26 de setembro de 2016

Nao Senlleria: Navegando a deriva

Neste ano académico 2016/17 a Biblio do Bouza surcará novos mares; aínda que a capitana e algúns membros máis da tripulación mudaron de embarcación, xa atopamos quen nos guíe nestes mares tempestuosos. Pode ser que comecemos navegando á deriva, sen rumbo fixo, pero esta tripulación non ten medo. Somos mariñeir@s, sabemos dos perigos que poden acontecer nestes procelosos mares cando se soltan amarras e se comeza unha nova singladura, pero non descoñecemos que o ar que respiraremos será puro, quizais cun lixeiro arrecendo a salitre, que os ventos nos serán favorables e que os mundos que visitemos nesta nova singladura da nosa Nao Senlleira nos deixarán gratamente sorprendidos. Intuimos tamén que vós, o alumnado do Bouza Brey, botaredes unha man para que a fin de curso cheguemos a bo porto cheo de intensas aventuras e gratas experiencias.





Ningún comentario:

Publicar un comentario