Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

mércores, 7 de outubro de 2015

Luces do Outono

Chegou o outono ao Bouza Brey e con el chegaron tamén as follas secas, os ourizos, as castañas, as mazás e as cabazas. Na Biblioteca atoparedes guías de cogumelos, árbores e sementes propias desta época do ano, así como moitísmoas novelas para ler nas tardes outonais: "La Hojarasca" de García Márquez, "Otoños y otras Luces" de Angel González, "Outono na Illa" de Martínez Oca ou "As Lúcidas Lúas do Outono" de Manuel María, entre outras. 

E como suxerencia musical: "Vendima Tarda", o último traballo de Treixadura.

Achegádevos á Biblioteca!










Ningún comentario:

Publicar un comentario