Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

xoves, 30 de abril de 2015

9 de Maio. Día de Europa

Otras herramientas
Otras herramientas
O Día de Europa celebra a paz e a unidade do continente europeo. A data é o aniversario da histórica "declaración de Schuman". 

Nun discurso pronunciado en París en 1950, o ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schuman, espuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política en Europa que fixera impensable unha nova guerra entre as nacións europeas. A proposta de Schuman considérase o comezo do que é hoxe a Unión Europea e, dende aquela, sucédense actos de celebración cada 9 de maio.

No Bouza Brey, o alumnado de 1º da ESO quixo conmemorar este día cunha fermosa exposición, que podedes atopar na entrada do IES.




Ningún comentario:

Publicar un comentario