Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

venres, 27 de marzo de 2015

Parabéns a Uxía!

Uxía Piñeiro Moldes foi premiada 
no Concurso de Adhesivos de Normalización Lingüística

O día 26 de marzo entregaronse os XXI Premios do Concurso de Adhesivos pola Normalización Lingüística que este ano tivo como lema " Así falamos nós. As nosas variantes dialectais", Uxia Piñeiro Moldes de 1º ESO A foi unha das galardonadas. Recolleu o seu premio nun acto celebrado no IES de Vilalonga, centro no que estudan as dúas alumnas premiadas na categoría de bacharelato. Todas as premiadas e os asistentes o acto puideron gozar dunha magníficca actuación de Paula Carballeira. Parabéns a Uxía.


Ningún comentario:

Publicar un comentario