Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

luns, 12 de xaneiro de 2015

BARDOS 67

Xa chegou ao Bouza Brey un novo número da nosa revista BARDOS. Nel poderedes atopar fotos e artigos do magosto, da viaxe á Citroën, do congreso Díaz Castro, do obradoiro de fotografía, da xubilación de compañeiros, do intercambio, dos Skills, entrevistas como a que se fixo a Caxade ou aos compañeiros autores do exitoso video "GHALEGHO", que causou furor na rede. Ademáis, poderemos ler o artigo que nos dedicou Alonso Montero na súa columna Beatus qui legit. 

Aquí tedes un selfie de dúas compañeiras de 2º ESO A, Eider e María, que se quixeron retratar coa portada da revista xa nas súas mans.
 Correde que voa!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario