Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

martes, 10 de xuño de 2014

A Porta de Europa. Sabela Muñiz

Esta semana tivemos no Bouza Brey unha inesperada e marabillosa visita, a de Sabela Muñiz, unha antiga alumna do centro. Veu vernos cun agasallo para nós debaixo do brazo: "A Porta de Europa", a súa segunda novela. Xa está á vosa disposición na Biblioteca, animádevos e lédea no verán!



«Dende o desenvolvemento das vías marítimas como principal medio de intercambio entre diferentes comunidades, a situación xeográfica e a singularidade orográfica das costas galegas sitúan o norte peninsular como un lugar estratéxico para poder introducir de maneira doada e discreta calquera tipo de mercadoría cara ó interior peninsular e europeo.

Mais os anos gloriosos dos clans da droga quedan atrás e un futuro incerto planea sobre o territorio. Os enfrontamentos entre os que queren recobrar aqueles días de poder e prestixio e os que pretenden evolucionar cara a unha nova organización apoiados polos cárteles, converten de novo a Galicia na chave para dominar Europa.

Neste escenario convulso transcorren as vidas dos personaxes desta historia. Trátase dun relato de suspense e ficción, cheo de complots e maquinacións, no que as verdadeiras intencións de cada quen son unha incógnita ata derivar nun final inesperado.»

Ningún comentario:

Publicar un comentario