Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!
venres, 29 de abril de 2016
mércores, 27 de abril de 2016
A Pontevedra de Castelao
Hoxe, estivemos no museo de Pontevedra vendo a exposición Castelao Artista. Os fundamentos do seu estilo (1905-1920), que reúne por primeira vez todas as obras de gran formato, das que hoxe temos constancia, que executou o noso xenial artista e que se encontran en Galicia. Paseamos tamén por Pontevedra, coñecendo as súas fermosas rúas e prazas e aqueles recunchos por onde transcorreu a vida do autor, con anterioridade a 1936.
venres, 22 de abril de 2016
CATROCENTOS ANOS DA MORTE DE SHAKESPEARE
CONCURSO CUARTO CENTENARIO DE CERVANTES E SHAKESPEARE.
Conmemóranse 400 anos do "pasamento" de Miguel de Cervantes e William Shakespeare.
Resposta ás seguintes preguntas e terás un agasallo. Anímate!!!!!
Entrega o cuestionario cuberto na túa biblioteca antes do 6 de maio.
Entrega o cuestionario cuberto na túa biblioteca antes do 6 de maio.
Powered by
Issuu
Publish for Free
Un cesto de mazás.
Onte tivemos con nós a Montse Fajardo no club de lectura. Coversamos con ela e intecambiamos opinións sobre o seu último libro "Un cesto de mazás". Ademais, os rapaces e rapazas de 1º de bacharelato tamén o leron e tiveron a oportunidade de escoitar a Montse falar da represión sobre as mulleres tras o golpe de estado do 36. Foron eles os autores dos traballos que, sobre o libro, se atopan expostos na caferería. Por outra banda, tamén situaron aos protagonistas, todos eles vítimas da represión, no mapa que podedes ver na biblioteca, do que prende unha árbore chea de mazás. Dende aquí agradecemos a Montse este conmovedor alegato contra a barbarie, un facho de luz fronte á desmemoria. Así mesmo, mostrámoslle o noso agradecemento pola súa xenerosa visita e decímoslle que volva cando queira.
martes, 19 de abril de 2016
xoves, 14 de abril de 2016
Manuel María tamén na cafetería!
Nesta primavera de 2016, versos do poeta chairego colorean as paredes da cafetería do Bouza Brey .
Con Manuel María nós tamén desexamos infinitas primaveras máis para a nosa lingua!
luns, 11 de abril de 2016
Non canta na Chá ninguén...
Xa temos outro novo poema da semana grazas á prolífica actividade dos nosos compañeiros artistas de segundo da ESO. Desta vez elixiron O Carro, versos ilustrados do noso benquerido Manuel María. Aquí tendes o poema con música de Fuxan os Ventos. Mirade que bonito lles quedou.
Non canta na Chá ninguén,
por iso meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.
Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío,
anque é, as vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío.
O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
Qué fermosa e a sua feitura!
Qué lixereza a do eixo!
As cousas vanse aledando
por onde meu carro pasa.
Carrétame herba pro gando!
Traime a colleita pra casa!
Expendedor de poemas
Xa chegou o expendedor de poemas á biblioteca do Bouza, abre a tapa e leva un poema, de baixón ou de subidón segundo o teu estado de ánimo. Podes collelo, do mesmo xeito, para facer un agasallo a outra persoa, son de balde! Ademais, se depositas poemas no expendedor, propios ou doutros autores que che gusten, contribúes ao seu funcionamento. Regálanos uns versos!
xoves, 7 de abril de 2016
Alonso Montero achéganos ao Quijote
Alonso Montero volveu visitar á rapazada do Fermín Bouza Brey, desta vez para falarlles do Quijote, no IV centenario da morte do seu autor, Miguel de Cervantes. Xunto a él Heloise, encargada da presentación.
luns, 4 de abril de 2016
Exposición de fondos
Expoñemos fondos, existentes na biblioteca, dos autores que levan o nome de Ramón e que son obxecto do concurso. Así mesmo e concidindo co 150 aniversario do nacemento do autor de 'Luces de Bohemia', dedicamos unha das nosas vitrinas ao escritor arousano.
Participa no concurso!
OS RAMÓNS
Trátase de relacionar os textos cos autores aos que pertencen. Todos eles teñen en común o nome de Ramón: Ramón María del Valle Inclán, Ramón María Aller, Ramón Vilar Ponte, Ray Bradbury, Juan Ramón Jimenez, Ramón Otero Pedraio, Ramón Llul, Raimon Pelegero, Ramón Cabanillas, Raymond Queneau, Ramón J. Sender, Ramón Villares, Ramón Gómez de la Senra, Ramón Caride, Ramón Chao, Ramón Piñeiro.
Hai 16 textos de 16 Ramóns diferentes.
Recolle a ficha, cúbrea e deposítaa no buzón.
Anímate e participa!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)