O investigador rianxeiro e académico da RAG, Xosé Luís Axeitos estivo este pasado venres na Biblioteca do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de
Arousa, onde deu unha charla que tiña como título “A
actividade cultural do exilio galego”.
O profesor Axeitos, ademais de ser un
experto nos autores da nosa Ilustración como Sarmiento ou Cornide, é un
especialista nos seus paisanos, os autores rianxeiros: Rafael Dieste, Manuel
Antonio e Castelao. Da súa familiaridade coa actividade do exilio nace tamén o
seu fondo coñecemento da figura do pintor, poeta e activista cultural Luís
Seoane e do compañeiro deste, Lorenzo Varela. Por iso Xosé Luís Axeitos foi
unha peza fundamental na imprescindible biblioteca da memoria que editou
Edicións do Castro.
Á charla asistiron as
alumnas e alumnos de 2º de bacharelato que, non só puideron achegarse aos
autores máis destacados do exilio, senón que tamén descubriron o papel de figuras vilagarciás como Mariví Villaverde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario