Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!
Amosando publicacións coa etiqueta Préstamo Nadal b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Préstamo Nadal b>. Amosar todas as publicacións
venres, 31 de xaneiro de 2020
QUE VEMOS NO CEO DA NOITE?
Rematabamos o trimestre pasado cunha interesante actividade dirixida por Manuel, o profe de Física e Química, sobre o Universo. Planetas, satélites, estrelas, galaxias, as dimensións cósmicas, os buratos negros...
Foron unhas divertidas sesións coa escusa de facermos o préstamo especial de Nadal para levar libros chulos para ler, ver e gozar nas vacacións
martes, 29 de xaneiro de 2019
AS VOSAS RECOMENDACIÓNS
As recomendacións das lecturas que fixestes no Nadal xa comezan a ser visibeis. Na TV da entrada xa podedes ver as fichas que conteñen os vosos textos con reflexións e comentarios sobre os libros. Se non vedes aínda a ficha coa vosa recomendación, non vos preocupedes e estade moi atentas, axiña irán aparecendo máis.
mércores, 9 de xaneiro de 2019
PRÉSTAMO MASIVO DE NADAL: EXPERIENCIA EXITOSA
O Nadal é un tempo para realizar moitas actividades especiais. É indiscutíbel que abandonarse ao pracer da lectura é unha das máis indicadas. Por iso quixemos facer un préstamo masivo. Así un tras outro, case a totalidade dos grupos da ESO e Bacharelato pasaron a última semana do trimestre pola Biblioteca para facer acopio das obras que ían levar para ler, escoitar ou ver nestas dúas semanas de lecer. A idea é que se non levamos os libros para casa non os imos poder ler. Deste xeito, ampliáronse o número de volumes a emprestar, para que, quen quixese, puidese levar cómics, pelis e moitas lecturas para casa.
Ao pasaren centos de persoas para pedir as obras en préstamo, tivemos que botar man xa do apoio do alumnado do Equipo de Biblioteca. Na imaxe vemos as alumnas de 2ºESO moi atarefadas xestionando o préstamo.
Na imaxe inferior podemos ver como quedaron os andeis do expositor. Houbo que repoñelos ata tres veces
martes, 11 de decembro de 2018
CHEGOU O NADAL Á BIBLIOTECA: PREPARÁDONOS PARA UN PRÉSTAMO EXTRAORDINARIO
Chega o Nadal e a Biblio Bouza loce as súas mellores galas. Agora só nos falta fichar unhas pouquichiñas novidades recén chegadas e xa temos todo listo para facer un préstamo masivo.
Queremos que levedes varios libros e pelis, polo que imos ampliar o número de volumes de préstamo. Se logo non dá tempo a ler ou ver todo, pois, noutro momento será... Pero se non levades os libros chulos que temos á vosa disposición, ficarán aborrecidos nos andeis botando en falta uns ollos que enchan de vida todas as historias, ideas e fantasías que conteñen.
Ide pensando que libros queredes levar!!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)