Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

mércores, 18 de decembro de 2013

Postais de Nadal na Biblioteca do Bouza


Este ano os departamentos de Francés e Ciencias Sociais
 agasalláronnos cun tendal cheo de postais de nadal!
 Vide velo!!!










martes, 17 de decembro de 2013

O alumnado propón...

Lecturas para o nadal
Clásicos, Ciencia ficción, Sexualidade, Tolkien...







Velaí outra proposta novedosa!!!



Días de Nadal e Banda deseñada.

Achégate á biblioteca e leva comics para ler no Nadal. 
Estas son as nosas propostas, algunhas delas acabadiñas de chegar! 


Feirón de Nadal

Neste Nadal, agasállate cun libro. Podes collelo de balde para lelo, regalalo, intercambialo...Os que hai na mesa da entrada son para mirar,  follear, e levar o que che pareza! Polo Nadal desfruta da lectura e agasalla libros!








luns, 16 de decembro de 2013

Días de Nadal e Banda Deseñada na Biblioteca

Este Nadal, dende Laponia, chegou o Papa Noel á biblioteca do Bouza, cargado cun saco de Comics. Ven saudalo e leva algún para ler nas vacacións!!



mércores, 4 de decembro de 2013

CONTOS DE MEDO NA BIBLIOTECA DO BOUZA

O pasado xoves 28 de novembro lemos e contamos pequenos relatos de medo na biblioteca, deses que non che deixan durmir...

Comezou Carmelo Cacabelos a escuras, cun arrepiante conto curto: “El caso de Charles Dexter Ward”, novela escrita por H. P. Lovecraft.


Seguidamente Cristina Souto leunos, valéndose só coa luz que daba un pequeno foco: “En el desván”, un microconto finalista do I certame de microrrelatos de terror Artgerust.


Anxo Oubel contounos “Un caso de Licantropía” de Agustín Fernández Paz e Sabela Figueira achegounos ao medo co epílogo de Xabier P. Docampo en “Cando petan na porta pola noite”.



Cristian contounos a historia de Xuxo Caramuxo, un mariñeiro de Cambados, fachendoso e atrevido que, logo de ter navegar os cinco mares, mexou de medo no medio e medio da noite cando aconteceron sucesos que non se poden contar.