O
pasado xoves 28 de novembro lemos e contamos pequenos relatos de medo
na biblioteca, deses que non che deixan durmir...
Comezou
Carmelo Cacabelos a escuras,
cun arrepiante conto curto:
“El caso de Charles Dexter Ward”, novela escrita por H. P.
Lovecraft.
Seguidamente
Cristina Souto leunos, valéndose só coa luz que daba un
pequeno foco: “En el desván”, un microconto
finalista do I certame de microrrelatos de terror Artgerust.
Anxo Oubel contounos “Un
caso de Licantropía” de Agustín Fernández Paz
e Sabela Figueira achegounos ao medo co epílogo de Xabier P.
Docampo en “Cando petan na porta pola noite”.
Cristian contounos a
historia de Xuxo Caramuxo, un mariñeiro de Cambados,
fachendoso e atrevido que, logo de ter navegar os cinco mares, mexou
de medo no medio e medio da noite cando aconteceron sucesos que non
se poden contar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario