Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!
Amosando publicacións coa etiqueta Camiños na auga. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Camiños na auga. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de outubro de 2017

O CLUB DE LECTURA NO DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Na nosa celebrámolo hoxe facendo a primeira xuntanza do Club de Lectura para maiores. Tratábase de presentar as dúas obras que imos ler neste trimestre: Camiños na auga, de Manuel Núñez Singala, e Los tres nombres del lobo, de Lola P. Nieva. A primeira é unha historia de supervivencia, protagonizada por un mozo negro albino. A segunda transpórtanos á Idade Media da man dunha restauradora que se ve transportada á terra dos viquingos.