Convidámosvos a visitar o seu blog, onde deixou desacougante testemuño dos últimos meses da súa vida: suarezabel.blogspot.com/
Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!
venres, 5 de maio de 2017
LEMBRAMOS A MIGUEL SUÁREZ ABEL: ESCRITOR E DIRECTOR DO NOSO INTITUTO
A Biblioteca do Bouza Brey quere lembrar ao escritor Miguel Suárez Abel, que foi o director que levou as rendas do IFP Fontecarmoa nos anos 80. Ese nome era o que recibía o noso centro naquela época. Miguel foi fundador da revista BARDOS. Escribiu novelas como Turbo, sobre o mundo do narcotráfico; Selva negra, relatos onde aparece un retrato da vida nun instituto de FP, trasunto do noso propio centro, e Sabor a ti, que é unha novela sentimental. Tamén escribiu O repenique de Beatriz Goldar e Nunca te vin chorar. Miguel deixounos o 18 de abril.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario