O paro do 8 de marzo foi secundado polo alumnado do IES Bouza Brey. Nel léronse textos de autoras galegas como Rosalía de Castro e Ana Romaní e de autores com Carlos Negro.
Alumnas de 2ºBacharelato leron dous textos de Rosalía de Castro: un fragmento de "Las Literatas. Carta a Eduarda", que trata sobre a minusvaloración das mulleres intelectuais e outro fragmento de "Dúas palabras da autora", prólogo de Follas Novas, sobre a dobre xornada laboral que se ven obrigadas a asumir as mulleres.
“No,
mil veces no, Eduarda; aleja de ti tan fatal tentación, no publiques nada y
guarda para ti sola tus versos y tu prosa, tus novelas y tus dramas [...] tú no
sabes lo que es ser “escritora”. Serlo como Jorge Sand vale algo; pero de otro
modo, ¡qué continuo tormento!; por la calle te señalan constantemente, y no
para bien, y en todas partes murmuran de ti. Si vas a la tertulia y hablas de
algo de lo que sabes, si te expresas siquiera en un lenguaje algo correcto, te
llaman bachillera, dicen que te escuchas a ti misma, que lo quieres saber todo.
Si guardas una prudente reserva, ¡qué fatua!, ¡qué orgullosa!; te desdeñas de
hablar como no sea con literatos. Si te haces modesta y por no entrar en vanas
disputas dejas pasar desapercibidas las cuestiones con que te provocan, ¿en
dónde está tu talento?; ni siquiera sabes entretener a la gente con una amena
conversación. Si te agrada la sociedad, pretendes lucirte, quieres que se hable
de ti [...] Si vives apartada del trato de gentes es que te haces la
interesante, estás loca, tu carácter es atrabiliario e insoportable [...] Las
mujeres ponen en relieve hasta el más escondido de tus defectos y los hombres no
cesan de decirte siempre que pueden que una mujer con talento es una verdadera
calamidad, que vale más casarse con la burra de Balaán, y que sólo una tonta
puede hacer la felicidad de un mortal varón.
E ¡sófrese tanto nesta querida terra gallega! Libros
enteiros poideran escribirse falando do eterno infortunio que afrixe os nosos
aldeáns e marineiros, soia e verdadeira xente do traballo no noso país. Vin e
sentín as súas penas como si fosen miñas, mais o que me conmoveu sempre, e polo
tanto non podía deixar de ter un eco na miña poesía, foron as inumerables
coitas das nosas mulleres: criaturas amantes para os seus i os estraños, cheas
de sentimento, tan esforzadas de corpo como brandas de corazón e tamén tan
desdichadas que se dixeran nadas solasmentes para rexer cantas fatigas poidan
afrixir a parte máis froxa e inxel da humanidade. No campo compartindo mitade
por mitade cos seus homes as rudas faenas, na casa soportando valerosamente as
ansias da maternidade, os traballos domésticos e as arideces da probeza. Soias
o máis do tempo, tendo que traballar de sol a sol e sin axuda pra mal manterse,
para manter ós seus fillos, e quisais ó pai valetudinario, parecen condenadas a
non atoparen nunca reposo se non na tomba.
De Ana Romaní fíxose lectura do seu coñecidísimo poema "Camiñan descalzas polas rochas":
Belas irmás, subide
ás máis firmes rochas
Edith Södergran
Camiñan descalzas
polas rochas,
pantasmas de sal
habitan as sombras,
saben que as últimas
mareas
esqueceron na praia
os restos do naufraxio.
As mulleres recollen
cada noite
os tesouros de auga,
líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a
Historia,
constrúen co mar as
estatuas
que nunca permanezan.
As mulleres de sal,
con argazos de sombras,
xorden das últimas
mareas
e tecen tesouros de
auga cada noite
contra a Historia.
Elas, que saben que o
efémero permanece.
Do libro Penúltimas tendencias de Carlos Negro leron tres poemas: Barbie girl, onde fai un xogo de paralelismos entre a prisión da longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro e, neste caso, a prisión rosa á que se somete ás nenas; 5 razóns polas que cortaría contigo, poema que trata sobre actitudes e situacións asfixiantes que se producen frecuentemente nas relacións entre mozos e mozas, e Sección de conxelados, texto onde o autor poetiza o "non é non"
Barbie girl
O noso universo é rosa.
Rosas son os muros
da prisión das princesas.
Rosa o amor
e o estampado dos vestidos.
As fadas,
as bonecas,
a luz,
a laca das unllas,
as máscaras,
son todas rosas.
As portadas das revistas
que nos deseñan os soños,
feitas están
tamén co fulgor tan delicado do rosa.
E eu,
pequena larva,
afogando
entre estas catro paredes
eternamente
de rosa.
5 razóns polas que cortaría contigo
Se me fechas portas que non existen.
Se me envolves en papel de agasallo.
Se me tocas como un mando a distancia.
Se me negas moito máis de tres veces.
Se me dis que son o aire que respiras.
Sección de conxelados
Cando dis amor métome no frigorífico.
A carón do peixe e da masa para pizzas.
Xusto debaixo das croquetas do domingo.
A ver se así, en frío, comprendes dunha vez
o significado de respectar as distancias,
a negación que transmite un non nos meus labios:
Ningún comentario:
Publicar un comentario