O 24 de marzo celebramos o Día de Rosalía, xa que en tal data de 1837, ou sexa, hai 180 anos, naceu a nosa meirande escritora.
Hai dous anos, a primeiros de marzo de 2015, co gallo da celebración desta efeméride, a Biblio do Bouza organizou un recital poético e un concerto do artista Narf.
Este ano, para lembrar ao cantante recentemente finado, o alumnado de 1º ESO e o do agrupamento de 2º, realizaron unha serie de actividades e cantaron cancións de Narf. Xa que o día 24 coincidiu coa celebración do Entroido, algúns alumnos e alumnas de 1º ESO-B escribiron poemas de Rosalía que foron interpretados por Narf no seu disco Nas noites escuras. Na foto podedes ver a imaxe do poema "Bos amores".
Nas vitrinas da Biblioteca que están a carón de Secretaría podemos ver discos de Narf, outros de distintos artistas como Daquelas que cantan ou Rosalía de Amancio Prada, con cantantes galegas e doutros lugares do estado. Tamén hai un exemplar da revista Animal, publicada no ano 2006, coa portada e unha longa reportaxe dedicada a Narf.
Ningún comentario:
Publicar un comentario