Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

xoves, 2 de marzo de 2017

NARF, UN ARTISTA XENIAL QUE CANTOU A ROSALÍA

   


1.  Por que celebramos o Día de Rosalía o 24 de febreiro? Porque é a data na que naceu a nosa gran escritora en 1837. Iso quere dicir que este ano é o 180 aniversario do seu nacemento.

2. Que outra grande celebración temos cada ano vencellada a Rosalía de Castro?
    O Día das Letras Galegas.

3. Que día é? O 17 de maio.


    4. Que tema trata o poema de Rosalía “Pra Habana”?
     A emigración.

    5. Credes que “Tecín soa a miña tea” fala indirectamente do mesmo tema?
    Si, xa que a voz poética é a da unha muller que ten o seu home na  emigración.
       
    6. Que poema vos gustou máis “Unha vez tiven un cravo”, “Mais ve que o meu corazón”, “Cando penso que te fuches”? Resposta libre.

    7. De que falan estes poemas? 
    De experiencias amorosas dolorosas.

    8. Cando estivo Narf no noso instituto?
    En marzo de 2015, para celebrar o Día de Rosalía cun concerto e  un recital poético.

    9. Citade o título de 3 poemas de Rosalía que interpretase. 
     Bos amores, Amores cativos e Follas Novas.

   10. Completade a letra deste poema:
      Cal olido de rosas que sai de antre o ramaxen
nunha mañán de maio, hai amores soaves
que n’inda vir se sinten, nin se ve cando entraren
pola mimosa porta que o corazón lles abre
                  de seu, cal se abre no agosto
                  a frol ó orballo da tarde.
      E sin romor nin queixa, nin choros, nin cantares,
brandos así e saudosos, cal alentar dos ánxeles,
en nós encarna puros, corren coa nosa sangre
i os ermos reverdecen do esprito onde moraren.
                  Busca estes amores..., búscaos,
                  si tes quen chos poida dare;
                  que estes son soio os que duran 
                  nesta vida de pasaxen.

   11. Como se titula?  "Bos amores".

   12. En que cidade medrou e viviu a meirande parte da súa vida  Fran Pérez, NARF?
    En Compostela.

     13. Os primeiros grupos nos que participou chamábanse Nicho Barullo e os Quinindiolas.
    
     14. A principios dos anos 90 comezou a facer teatro coa compañía    Chévere.

 15. A obra coa que iniciaron a súa andaina teatral foi un grande

     éxito. Titulábase Río Bravo.

16. Narf recibiu moitos premios como recoñecemento ao seu traballo de compositor de bandas sonoras para teatro. Outorgáronlle o premio María Casares en numerosas ocasións.


 17. Como músico en solitario gravou un primeiro disco en directo e, no ano 2007, edita o segundo traballo titulado Totem.


 18.  Narf é autor de moitas das letras das súas cancións; outras son da autoría dalgúns amigos.


 19. Pola canción Santiago recibiu en 2006 un premio en Suecia.

 20. Vivíu nun país africano chamado Mozambique, cuxas costas están xusto en fronte da illa de Madagascar. Alí fixo amigos como os membros de Timbila Muzimba.

 21. Así mesmo colleu textos de poetas mozambicanos, como por exemplo a súa canción Quero ser tambor, que é de José Craveirinha.

22. Tamén foi amigo do guineano Manecas Costa con quen gravou o disco titulado Aló irmao, con moitas influencias da música africana.
     
    23. Tivo grandes amigos galegos que escribiron textos que Narf tamén cantou, como Pepe Sendón, Carlos Santiago e Xelís de Toro. Este último organizou a xira de Narf en Londres.

    24. Actuou en escenarios de catro continentes: América, Asia, África e Europa.

      25. Coa artista Uxía Senlle actuou en moitos lugares de América (en países como Arxentina ou os EEUU). Con ela gravou o seu derradeiro disco Balada da Galiza imaxinaria.

    26. Co seu gran amigo, o guitarrista, Marcos Teira, acompañouno nos últimos concertos que deu en Compostela, cando a enfermidade fulminante que se lle declarou a finais do verán pasado estaba a menos dun mes de deixar a cultura galega sen un artista xenial.

  27. A profe de Lingua Galega e Literatura e as persoas que coñeceron persoalmente a Narf destacan nel, ademais do seu talento musical, tres calidades: Narf era unha persoa cariñosa, humilde e xenerosa.




Ningún comentario:

Publicar un comentario