Carolina non sabe cando é o día dos dereitos humanos, nin o día mundial sen tabaco; nin o día internacional da paz; nin o día da bicicleta; nin o do albariño de Cambados ou o do pemento de Padrón, ela non está ó tanto destas celebracións tan sinaladas do calendario. Con todo, ela si sabe, cando o neno máis pequeno ten clase de ximnasia e lle ten que ter preparado o chándal, ou cando o maior quere saír de marcha e precisa sempre aquela camisa negra que nunca está ben pasada. Tamén sabe de ter a comida todos os días para as dúas e con pouco sal a carne que o home ten o colesterol un chisquiño alto, sabe de erguerse nas noites de gripe e de sarampelo, sabe tamén dalgunha bofetada que outra, de correr para o colexio falar cos profes dos pequenos ( o que chorou aquela vez que lle expulsaron o máis pequeno tres días), sabe de facer as camas, de non parar en todo o día, de ir da casa ó super, do super á casa, logo á dos sogros que xa van vellos, de cas dos sogros ó banco, sempre da zeca para a meca. Sabe de multiplicar os pans e os peixes para chegar a fin de mes con algo de sobra para unhas deportivas novas para os rapaces, ¡ou os seus fillos non han ser coma os outros!
Hoxe mentres o seu Paco comía a carne cocida con pouco sal e ela estaba xa preparándolle o café, no parte da primeira saíu unha noticia dicindo que era o día da muller traballadora, sen saber moi ben por que púxose contenta de saber que a alguén se lle ocorrera adicarlle un día ás mulleres traballadoras e díxolle a Paco - ¡Ai ho! Hasme ter que facer un regaliño que hoxe é o día das mulleres traballadoras - Paco seguiu mirando para a televisión sen dicir nada e só despois de lavar o pocillo cunhas gotas de de caña dixo – Mulleres traballadoras son aquelas que traen un soldo para a casa-.
Carolina non dixo nada, púxose a fregar a louza no vertedeiro e as bágoas foron facendo espuma e algunha que outra pompa cando se mesturaron co Fairy que lle botara á pota de coce-la carne con pouco sal, xa sabedes, por aquelo do colesterol un chisco alto.

Ningún comentario:
Publicar un comentario