Domingos Merino foi unha persoa admirada e querida por todas as que o trataron. Alguén multifacético, discreto, xeneroso, grande xogador de xadrez. A súa morte produciuse despois dunha longa e cruel enfermidade. No IES Bouza Brey quixemos lembralo facendo unha pequena exposición que correu a cargo da Biblioteca e contou coa colaboración do alumno de 2º de Bach. Juanma Rubianes Canto.
1º ALCALDE DEMOCRÁTICO
DA CORUÑA
Domingos Merino acendeu en 1979 a chama da liberdade no concello de A
Coruña
O seu traballo como alcalde estivo orientado ao urbanismo e o
desenvolvemento cultura coruñesa
PRESIÓNS PARA BOTALO DA
ALCALDÍA
La Voz de Galicia e outras publicacións fixeron unha presión aberta.
Durante o seu último ano de alcaldía (1981) fixeron duras críticas ao seu labor
na alcaldía. O seu sucesor, Paco Vázquez (PSOE) botou para atrás moitas das
reformas de Domingos Merino.
XOGADOR DE XADREZ
Foi campión galego de xadrez en 5 ocasións.
Pertenceu ao Club de Xadrez
Fontecarmoa (fundado no noso instituto) durante 4 anos, dende decembro de 2006
ata o 2009. En febreiro de 2007 protagonizou e gañou unha partida que lle valeu
o ascenso ao Club. En 2012, cando a enfermidade xa estaba danándoo gravemente,
fixo a doazón de toda a súa biblioteca de xadrez ao club de Vilagarcía, nun
emotivo acto.
DEPUTADO EN TRES
LEXISLATURAS
Converteuse en deputado na lexislatura de 1991 polo PSG-EG.
Repetiu posto na 5ª e 6ª lexislatura, nesta volta, no grupo parlamentario
do BNG, formando parte do seu anterior partido EG.
VICEVALEDOR DO POBO
Aceptou o posto a proposta do BNG no ano 2005, cargo que desenvolveu ata
2012 en que o deixou por motivos de saúde.
NORMALIZANDO A
HOMOSEXUALIDADE
O seu matrimonio con Jorge Méndez Galiñanes vencellouno a Vilagarcía. O
acompañamento do seu esposo ao longo de moitos anos, especialmente da etapa
final da súa enfermidade, serviu para visibilizar as relacións homosexuais
dunha forma normalizada e positiva na sociedade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario