Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

xoves, 2 de marzo de 2017

PORTAS CON MENSAXES DE AMOR

Antes de retirar "as portas dos baños" onde vos convidamos a escribir as vosas mensaxes de amor co gallo do San Valentín, fixemos estas fotografías.













NARF, UN ARTISTA XENIAL QUE CANTOU A ROSALÍA

   


1.  Por que celebramos o Día de Rosalía o 24 de febreiro? Porque é a data na que naceu a nosa gran escritora en 1837. Iso quere dicir que este ano é o 180 aniversario do seu nacemento.

2. Que outra grande celebración temos cada ano vencellada a Rosalía de Castro?
    O Día das Letras Galegas.

3. Que día é? O 17 de maio.


    4. Que tema trata o poema de Rosalía “Pra Habana”?
     A emigración.

    5. Credes que “Tecín soa a miña tea” fala indirectamente do mesmo tema?
    Si, xa que a voz poética é a da unha muller que ten o seu home na  emigración.
       
    6. Que poema vos gustou máis “Unha vez tiven un cravo”, “Mais ve que o meu corazón”, “Cando penso que te fuches”? Resposta libre.

    7. De que falan estes poemas? 
    De experiencias amorosas dolorosas.

    8. Cando estivo Narf no noso instituto?
    En marzo de 2015, para celebrar o Día de Rosalía cun concerto e  un recital poético.

    9. Citade o título de 3 poemas de Rosalía que interpretase. 
     Bos amores, Amores cativos e Follas Novas.

   10. Completade a letra deste poema:
      Cal olido de rosas que sai de antre o ramaxen
nunha mañán de maio, hai amores soaves
que n’inda vir se sinten, nin se ve cando entraren
pola mimosa porta que o corazón lles abre
                  de seu, cal se abre no agosto
                  a frol ó orballo da tarde.
      E sin romor nin queixa, nin choros, nin cantares,
brandos así e saudosos, cal alentar dos ánxeles,
en nós encarna puros, corren coa nosa sangre
i os ermos reverdecen do esprito onde moraren.
                  Busca estes amores..., búscaos,
                  si tes quen chos poida dare;
                  que estes son soio os que duran 
                  nesta vida de pasaxen.

   11. Como se titula?  "Bos amores".

   12. En que cidade medrou e viviu a meirande parte da súa vida  Fran Pérez, NARF?
    En Compostela.

     13. Os primeiros grupos nos que participou chamábanse Nicho Barullo e os Quinindiolas.
    
     14. A principios dos anos 90 comezou a facer teatro coa compañía    Chévere.

 15. A obra coa que iniciaron a súa andaina teatral foi un grande

     éxito. Titulábase Río Bravo.

16. Narf recibiu moitos premios como recoñecemento ao seu traballo de compositor de bandas sonoras para teatro. Outorgáronlle o premio María Casares en numerosas ocasións.


 17. Como músico en solitario gravou un primeiro disco en directo e, no ano 2007, edita o segundo traballo titulado Totem.


 18.  Narf é autor de moitas das letras das súas cancións; outras son da autoría dalgúns amigos.


 19. Pola canción Santiago recibiu en 2006 un premio en Suecia.

 20. Vivíu nun país africano chamado Mozambique, cuxas costas están xusto en fronte da illa de Madagascar. Alí fixo amigos como os membros de Timbila Muzimba.

 21. Así mesmo colleu textos de poetas mozambicanos, como por exemplo a súa canción Quero ser tambor, que é de José Craveirinha.

22. Tamén foi amigo do guineano Manecas Costa con quen gravou o disco titulado Aló irmao, con moitas influencias da música africana.
     
    23. Tivo grandes amigos galegos que escribiron textos que Narf tamén cantou, como Pepe Sendón, Carlos Santiago e Xelís de Toro. Este último organizou a xira de Narf en Londres.

    24. Actuou en escenarios de catro continentes: América, Asia, África e Europa.

      25. Coa artista Uxía Senlle actuou en moitos lugares de América (en países como Arxentina ou os EEUU). Con ela gravou o seu derradeiro disco Balada da Galiza imaxinaria.

    26. Co seu gran amigo, o guitarrista, Marcos Teira, acompañouno nos últimos concertos que deu en Compostela, cando a enfermidade fulminante que se lle declarou a finais do verán pasado estaba a menos dun mes de deixar a cultura galega sen un artista xenial.

  27. A profe de Lingua Galega e Literatura e as persoas que coñeceron persoalmente a Narf destacan nel, ademais do seu talento musical, tres calidades: Narf era unha persoa cariñosa, humilde e xenerosa.




ENTROIDO NO BOUZA

Comezaron xa as festas do Entroido e no noso IES fixemos unha celebración con batucada incluída. O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO participou con alegría e imaxinación e, sobre todo, con moito ritmo!!! O día espléndido acompañou coma nunca esta festa que anuncia a fin do inverno e a proximidade da primavera. A biblioteca encheuse de máscaras elaboradas polo alumnado, baixo a dirección da profe Susana Ferradás.
Toda a festa antroideira non impediu que, asemade, celebrásemos o Día de Rosalía.


Os romanos de 1ºESO-A (Jorge, Brais, Hugo e Ramón)
foron os gañadores na categoría de grupos



Moisés Señoráns levou o primeiro premio na categoría individual



Disfrazouse moita xente, sobre todo de 3ºda ESO


Tamén de 2º, como Iago


E de 1º, como Anxo



Uxía si que se disfrazou da temática do mar. 
Vémola na imaxe convertida unha valente pirata




A ANPA foi a encargada de entregar os premios aos gañadores

Os da biblioteca tamén puxemos a nosa nota de cor




DÍA DE ROSALÍA: HOMENAXE A NARF

O 24 de marzo celebramos o Día de Rosalía, xa que en tal data de 1837, ou sexa, hai 180 anos, naceu a nosa meirande escritora. 
Hai dous anos, a primeiros de marzo de 2015, co gallo da celebración desta efeméride, a Biblio do Bouza organizou un recital poético e un concerto do artista Narf.
Este ano, para lembrar ao cantante recentemente finado, o alumnado de 1º ESO e o do agrupamento de 2º, realizaron unha serie de actividades e cantaron cancións de Narf. Xa que o día 24 coincidiu coa celebración do Entroido, algúns alumnos e alumnas de 1º ESO-B escribiron poemas de Rosalía que foron interpretados por Narf no seu disco Nas noites escuras. Na foto podedes ver a imaxe do poema "Bos amores".







Nas vitrinas da Biblioteca que están a carón de Secretaría podemos ver discos de Narf, outros de distintos artistas como Daquelas que cantan ou Rosalía de Amancio Prada, con cantantes galegas e doutros lugares do estado. Tamén hai un exemplar da revista Animal, publicada no ano 2006, coa portada e unha longa reportaxe dedicada a Narf.


domingo, 19 de febreiro de 2017

ACTIVIDADES DE HOMENAXE A NARF NO DÍA DE ROSALÍA


A continuación podedes ler as cuestións que imos responder en grupos despois de facer un pequeno recital de poesía rosaliá e de ter escoitado diversas cancións de Narf, lembrado o seu paso polo noso instituto hai agora 2 anos. As actividades están colgadas en jpg para que pode imprimir calquera profesora (ou profesor) e realizar estas mesmas ou outras similares.



Debaixo podemos ver unha fotografía do arquivo de imaxes de Narf que ten o xornal o Faro de Vigo. No fondo do escenario está proxectado o collage que fixemos coas "Rosalías" deseñadas por distintos artistas plásticos sobre a nosa máis sobranceira escritora.