Queremos comezar este curso cunha historia que nos leva polos camiños do mar. Mathieu Reynès é o guionista que nos ofrece a historia de Marion. Este criouse entre o País Vasco francés e Burdeos e nesta historia fainos chegar o recendo do mar e as misteriosas historias que vencellan aos habitantes da costa co seu pasado. Marion é unha adolescente que vai, xunto coa súa nai, vivir á casa da infancia materna. Nesta vivenda, situada enriba dun imprsionante cantil, descubrirá o pasado dos seus avós e os estraños vencellos que ela mesma ten cun inquietante fareiro...
Valérie Vernay é a ilustradora. Os realistas debuxos que nos ofrece transpórtannos a un mundo de brétemas con máis sombra e escuridade ca luces...
Ningún comentario:
Publicar un comentario