No Bouza Brey celebramos a chegada do verán e a fin do curso cunha exposición de fondos das herbas máxicas do San Xoán. Se queredes saber das herbas coas que lavar a cara na mañanciña do 24 de xuño, pasádevos pola biblioteca. Ademais de consultar as súas propiedades, podedes saber delas no cartel que mostramos a continuación. Deixándoas amolecer ao luar na noite de San Xoán, posúe propiedades máxicas. Segundo conta a tradición, posúen propiedades en calquera momento do ano, mais nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio, do verán, da lúa e mais do orballo desta noite.
Que pasedes unha boa e feliz noite de San Xoán!
Ningún comentario:
Publicar un comentario