Outro ano máis viñeron os nosos veciños do Piñeiriño contarnos contos ao Bouza, nunha marabillosa xornada que rematou no mosaico, colocando cadansúa pedriña de cores. Nós tamén fomos alá e contamos contos en francés, moi sinxeliños, recitamos poemas, trabalinguas e adiviñas. Sara e Claudia de 3º da ESO idearon un xogo de pistas moi divertido para a rapazada de 5º de primaria. Mentres, no Salón de Actos, Isabel e Heloise léron contos ás máis pequeniñas e pequeniños que tamén bailaron ata cansar cos poemas de Manuel María, tan ben interpretados polas rapazas de 1º da ESO, xunto con Ansemil e David ao acordeón. Foi unha xornada ben bonita que agardamos volver a repetir moitos anos máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario