Seguimos festexando un lustro de banda deseñada na biblioteca do Bouza, desta vez con Titín. O alumnado de 1º e 3º da ESO de Francés, escolleron a Tintín para ler e traballar as súas historias. Como resultado, podemos disfrutar na entrada do centro, dunha exposición sobre os cómics e personaxes titulada "Tintinophiles". Ademáis, a biblioteca decorouse con diferentes cartóns sobre os personaxes a tamaño real. Este vindeiro martes 23 teremos a sorte de contar cun especialista na figura de Tintín, Pedro Rey, economista, informático e deseñador gráfico natural de Vilagarcía de Arousa e residente en Santiago de Compostela. Conta con máis de mil obxectos relacionados co personaxe e tamén dirixe un blog http://www.pedrorey.com/, no que recolle toda a actualidade relacionada co debuxo creado por Hergé.
Ningún comentario:
Publicar un comentario