Neste 24 de febreiro de 2016, celebramos de novo o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Deixámosvos algúnhas versións dos seus poemas, unha selección musical para festexar este día gris e chuvioso de febreiro. "Alborada jazz", do album "Rosalía XXI", no que Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira lle poñen voz aos textos da poeta. Narf Trío interpreta "Nunca sospiro", O Leo Arremecaghoná canta "A nosa señora detrás do tonel", Os Poetarras "A xustiza pola man", Quempallou "Xan", "Adios ríos adios fontes" e "Quen non xime" por Amancio Prada, a "Negra Sombra" cantada por Najla Shami, o "Negro Caravel" interpretada por Rosa Cedrón na voz e Cristina Pato ao piano ou "Campanas de Bastabales" dos D'Abaixo. Agardamos que vos gusten!
Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!
mércores, 24 de febreiro de 2016
Día de Rosalía
Neste 24 de febreiro de 2016, celebramos de novo o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Deixámosvos algúnhas versións dos seus poemas, unha selección musical para festexar este día gris e chuvioso de febreiro. "Alborada jazz", do album "Rosalía XXI", no que Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira lle poñen voz aos textos da poeta. Narf Trío interpreta "Nunca sospiro", O Leo Arremecaghoná canta "A nosa señora detrás do tonel", Os Poetarras "A xustiza pola man", Quempallou "Xan", "Adios ríos adios fontes" e "Quen non xime" por Amancio Prada, a "Negra Sombra" cantada por Najla Shami, o "Negro Caravel" interpretada por Rosa Cedrón na voz e Cristina Pato ao piano ou "Campanas de Bastabales" dos D'Abaixo. Agardamos que vos gusten!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario