Estamos ao pé da ría, nunha beiriña da Arousa chamada Vilagarcía!

mércores, 24 de xaneiro de 2018

PASO A PASO POLOS CONTOS DE INVERNO




O Concurso de contacontos deste ano lévanos a pasear polos Contos do Inverno. O alumnado dos primeiro cursos da ESO  (1º, 2º e 3º) vén traballando dende antes do Nadal na súa preparación. Agora achégase o gran momento. A escolma de participantes está case rematada e o xurado e as presentadoras listas para o gran día, que será o luns 29 de xaneiro. 

Os corredores do centro apareceron progresivamente cheos de pisadas, ata que, hai poucos días, nas paredes da cafetería, desvelouse a onde levaba ese camiño:


domingo, 21 de xaneiro de 2018

CAMIÑO BRANCO DE ROSALÍA



O título do poema que o alumnado de 2ºESO-B rotulou para o taboleiro do POEMA DO MES non é "Camiño branco", senón o primeiro verso da composición "Dende aquí vexo un camiño". Isto é o que acontece con todos os que non teñen un título asignado pola autora ou autor, que adoptan o primeiro verso como tal.

"Camiño branco" é como titulou o grupo aCadaCanto a versión musical que fan deste texto do libro Follas Novas de Rosalía de Castro. A intrepretación que fixeron no fermoso marco dos xardíns da catedral de Tui podedes vela no seguinte enlace

Rosalía fálanos dun camiño branco que representa ese anceio de percorrer lugares novos, de fuxir da cotidianeidade, de deixar atrás cousas que nos pesan no corazón. Mais Rosalía sabe que do que non podemos fuxir é do que nós mesmas somos: "Nin fuxo, non, que anque fuxa / dun lugar a outro lugar, / de min mesma, naide, naide, / naide me libertará."

Dende aquí vexo un camino 
que non sei adónde vai; 
polo mismo que n'o sei, 
quixera o poder andar. 
Istreitiño sarpentea 
antre prados e nabals, 
i anda ó feito, aquí escondido, 
relumbrando máis alá. 
Mais sempre, sempre tentándome 
co seu lindo crarear, 
que eu penso, non sei por qué, 
nas vilas que correrá, 
nos carballos que o sombrean, 
nas fontes que o regarán. 
Camiño, camiño branco, 
non sei para dónde vas; 
mais cada vez que te vexo, 
quixera poderte andar. 
Xa collas para Santiago, 
xa collas para o Portal, 
xa en San Andrés te deteñas, 
xa chegues a San Cidrán, 
xa, en fin, te perdas... 
¿quén sabe en dónde?, 
¡qué máis me dá! 
Que ogallá en ti me perdera 
pra nunca máis me atopar... 
Mais ti vas indo, vas indo, 
sempre para donde vas, 
i eu quedo encravada en onde 
arraigo ten o meu mal. 
Nin fuxo, non, que anque fuxa 
dun lugar a outro lugar, 
de min mesma, naide, naide, 
naide me libertará.





martes, 5 de decembro de 2017

Recomendacións de banda deseñada

Para estas vacacións seguimos coas recomendacións de banda deseñada. Neste cómic, recomendado polo equipo da Biblioteca, ides atopar un fermoso exemplo de traballo na "liña clara". A Rosinski coñecémolo pola "A Balada das landas perdidas" (outro fermoso cómic tamén recomendado na túa biblioteca), e xunto con Van Hamme, editaron a serie, mundialmente coñecida de Thorgal (tamén a túa disposición na Biblioteca do Bouza Brey).



venres, 24 de novembro de 2017

DEMAIN DÈS L'AUBE: CAMIÑANDO ENTRE VERSOS DE VÍCTOR HUGO


"Demain dès l'aube" é o título do fermoso poema que escolleu o alumnado de 2º ESO-A para esta ocasión. Trátase dunha composición na que o autor vai camiño do cemiterio lembrando aos seres queridos que perdeu. O mes de novembro é o mes de Samaín, no que lembramos os nosos mortos.

Se o francés non é o voso forte, non vos preocupedes, xa as rapazas e rapaces de 2º ESO-A se encargaron de traducilo ao galego. Podedes lelo nas dúas linguas no panel do "Poema do mes: Camiñando entre versos" que hai na entrada do instituto.

Demain, dès l’aube, à l’heure où blanchit la campagne,
Je partirai. Vois-tu, je sais que tu m’attends.
J’irai par la forêt, j’irai par la montagne.
Je ne puis demeurer loin de toi plus longtemps.
Je marcherai les yeux fixés sur mes pensées,
Sans rien voir au dehors, sans entendre aucun bruit,
Seul, inconnu, le dos courbé, les mains croisées,
Triste, et le jour pour moi sera comme la nuit.
Je ne regarderai ni l’or du soir qui tombe,
Ni les voiles au loin descendant vers Harfleur,
Et quand j’arriverai, je mettrai sur ta tombe
Un bouquet de houx vert et de bruyère en fleur.


ALBUMS FOTOGRÁFICOS DO 8 DE MARZO

Para celebrar o Día Mundial Contra a Violencia de Xénero xa temos no atril da Biblioteca un novo álbum dos concursos fotográfico do 8 de marzo. E con este xa van tres. O primeiro, do curso 14-15, titulado "Hai unha muller traballando ao meu carón"; o segundo, do curso 15-16, titulado "Marculino / feminino" e o terceiro, do pasado curso 16-17, titulado "Mulleres a mares".